viernes, 23 de noviembre de 2007

Ana Mª Matute: Novo Premio Nacional das Letras


Fai un par de anos a Fundación Caixa de Galicia nunhas xornadas literarias trouxo a Ferrol a Ana Mª Matute. A sala quedou pequena enseguida e gardábase un silencio espectral cando esta maga das palabras deunos unha clase maxistral de humanidade e sinxeleza.
Contounos que seguía escribindo porque "aínda non atopara o seu sitio no mundo" que non se sentía capaz de criticar ningunha obra porque "calquera obra que consigua espertar a imaxinación no lector é unha boa obra", e o mellor programa de fomento da lectura "está na casa, na lectura embelesada duns pais aos seus fillos".
Parabén Ana Mª.
Entrevista
Páxina oficial da autora.
É curioso pero no noso boletín de novembro reseñabamos a infancia de Jordi Sierra i Fabra e o seu afán de superación desde neno... a que non sabedes en que coincide con Ana Mª?

No hay comentarios :