lunes, 5 de noviembre de 2007

"El Prado" estrena novas instalacións e nova web



Dispoñible en doce linguas, a súa páxina web ofrece desde agora acceso en liña ás diferentes coleccións do museo, que aloxa aos grandes mestres españois, de Velázquez a Goya, biografías de artistas e un servizo de reserva de entradas.

Esta nova versión xorde cando o Prado acaba de concluír a maior operación de modernización e ampliación nas súas 200 anos de historia, logo de cinco anos de traballos.

As novas instalacións ocupan un total de 22.000 m2. Esta extensión, que permite ao museo ampliar nun 50% a superficie consagrada ás exposicións temporais e permanenetes, está integralmente aberta ao público a partir de finais de outubro. E de feito nesta semana pasada bateu cifras de visitantes coa semana de gratuidade 'Invitámosche ao Prado' e alcanzou as 100.000 visitas en cinco días. Cunha media de 20.000 visitantes por día, a Pinacoteca nacional 'superou con fartura' as mellores cifras da historia do Museo.
Noraboa a todos, porque este museo é de todos.

No hay comentarios :