miércoles, 14 de noviembre de 2007

O neno do pixama de raias


"O neno do pixama de raias" vén precedido por un gran éxito en Irlanda e polo aviso da súa tradución a dúas decenas de idiomas.
Conta a experiencia de Bruno, un neno de nove anos fillo dun oficial nazi, que é destinado a un campo de concentración.
O libro xoga coa contraposición entre a realidade sórdida e a mirada inxenua dun neno. Nesta fricción, dáse un proceso de aprendizaxe da traxedia dirixido principalmente ó propio lector.
En definitiva, unha boa narración, construída con delicadeza e recomendable para lectores desde a puberdade.

Se queres ler as dúas primeiras páxinas entra aquí ou na nosa seción de novidades de Outubro.

No hay comentarios :