jueves, 8 de noviembre de 2007

Televisión con xeito ( para ver sen morrer de pena )

Amigos e amigas, non sei se será idea de bombeiro, pero din en pensar... e por que non facer unha sección sobre boa televisión? Glubs!.

O primeiro de todo, quede claro que os meus gustos son os que son, así que excuse me se non acerto nas miñas recomendacións; eso sí, procurarei sempre escoller producións que misturen entretemento e calidade, así que non ides atopar espesuras infumables, pero tampouco lixo vergoñento.
En segundo lugar, prometo incorporar todos os xéneros e formatos sempre que pague a pena, de emisión nas canles abertas e gratuítas.

E en terceiro lugar, a idea é que poidades achegarvos de xeito periódico e constante, como parte fixa do servizo que vos ofertamos neste blog da Biblioteca (identificaredes estas entradas pola cabeceira invariable).


Comezo xa:


Canle: TVG

Título: Historias de Galicia

Xénero: Divulgativo de Historia

Formato/duración: Serie, relato dramatizado , 30 minutos aprox.

Emisión: Domingos ás 9:30 PM
Por que a recomendo?: É moi áxil, ensina cun formato actual e sen meterse en profundidades, duración axeitada, non se fai pesada.



1 comentario :

Nacho dijo...

Ola! Saúdos desde a fronteira co país veciño. Son un profesor de inglés de A Guarda e quería sumarme a esta iniciativa suxerindo a serie FRIENDS que emite a canle CUATRO ás 15:30 da tarde. O contido é divertido e, ademais, aqueles que teñan TDT poderán ver os capítulos en inglés (americano).Unha aperta!