lunes, 14 de enero de 2008

El libro bajado del cielo


Velaquí a historia do Corán, e do nacemento do Islam, escrita por un dos maiores expertos italianos en cultura islámica Ahmad Vincenzo. Unha historia coa fluidez dunha novela occidental e os contidos da sabedoría oriental contada tanto para 'nós' como para aqueles que, entre nós, representan a 'outra' cultura. Un libro para saber máis sobre o Islam e o Corán e para combater a desconfianza e o medo neste tempo de tantos movementos e manifestacións fanático-relixiosas.
Zayd, personaxe histórico real, ten 8 anos e vive no gran oasis de Yathrib. Cando comeza este relato non imaxina que pronto será testemuña e protagonista de acontecementos que marcarán unha nova era... Fuxindo da Meca perseguido polos idólatras, está a piques de chegar a Yathrib un profeta, Muhammad (Mahoma): a forza das súas palabras e a intensidade da súa fe son xa lendarias.
A Zayd correspóndelle unha tarefa moi especial nesta historia: transcribir as palabras reveladas ao Profeta no Corán: O libro baixado do ceo.
Un libro ante todo sacro, a raíz do cal nacerá e desenvolverase toda unha civilización e unha nova forma de saber que se converterá no modelo das universidades do mundo antigo.

No hay comentarios :