martes, 3 de marzo de 2015

8 de Marzo: Día da muller traballadora... tamén na guerra



Neste curso que comezamos no 2014 non puidemos lembrar unha data que supuxo un cambio na sociedade que vivimos por alá no 1914, sí fai 100 anos.

Pódese afirmar que foi na Gran Guerra (I Guerra Mundial), cando as mulleres ven recoñecido o seu papel na sociedade, alcanzando un fito no longo camiño da revindicacion dos dereitos da muller, especialmente o dereito ao voto, iniciado pola chamada "Declaración de Seneca Fall" (1848, Nova York) e pola inglesa Emmeline Pankhurst (1858-1928).

A grande envergadura do conflito, pois é moi grande a cantidade de tropas mobilizadas, fixo que a industria, motor da guerra, necesitase traballadores. é entón cando se pensou nas mulleres, e aínda que se encontran coa opinión en contra da maioría dos homes, as féminas saben cumprir co seu papel. O rol potenciadoduarnte séculos de que a muller só coida a casa e os fillos, mentres que o home se gaña o xornal quedara obsoleto. Durante a guerra a man de obra feminina supuxo o 40% da produción e gran parte da industria armamentística dependeu do seu labor, tanto que xurdiron as denominadas munitionettes, que así é como se chamaba as traballadoras deste sector.

Pero non todas estaban empregadas nas fábricas, xa que xunto ás enfermeiras houbo mulleres encargadas dos transportes públicos, oficinas gobernamentais, e de corpos de orde cidadán...


Nesta semana imos ver unha mostra dese papel que desempeñou a muller nese periodo tan tráxico pero que conlevou o recoñecemento do seu papel na sociedade.