martes, 28 de marzo de 2017

Cebolas

Antes en Galicia case toda a comida era da casa, cultivada e criada pola xente. Para iso a xente tiña que facer uns traballos ao longo do ano que cando tiñan que ver cas verduras estaban marcadas polas fases da Lúa. Un caso claro é o das cebolas, imos ver todos os pasos para poder ter cebolas da casa.

1º Por Santa Lucía ( 13 de Decembro ) escollese as cebolas máis grande e bonitas, unhas 20 ou 30, plántanse na terra e medran, botarán a flor no mes de Xullo e en Agosto recollese a semente.



2º A semente debe secarse ben, hai que desfacela cas mans, e ponse ao Sol para que seque.


3º Na Lúa de Setembro na baixante de todo, cando pasa de cuarto  sementase na terra ben preparada, cando nace hai que cuidalo, mondalo ( quitar as malas herbas ), o que nace é o cebolo.




4º No mes de Febreiro ou Marzo dependendo da localidade e a terra, na baixante da Lúa (tamén  despois do cuarto minguante ) transplantase o cebolo, e no mes de Xullo teremos que recoller as cebolas, das cales escolleremos as máis fermosas para volver a empezar. As outras recóllense  deixase secar o sol e enrístranse para poder colgalas nun lugar seco e ventilado.

No hay comentarios :