O tema central do Día Internacional da Muller de 2017, que se celebra o 8 de marzo, será "As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030".
O mundo laboral está a cambiar dun modo que terá consecuencias significativas para as mulleres. Por unha banda, os avances tecnolóxicos e a globalización brindan oportunidades sen precedentes a quen ten a posibilidade de acceder a eles. Doutra banda, están en aumento a informalidade laboral, a desigualdade dos ingresos e as crises humanitarias.
Neste contexto, apenas o 50 por cento das mulleres en idade de traballar están representadas na poboación activa mundial, fronte a un 76 por cento no caso dos homes. É máis, unha abafadora maioría das mulleres traballa na economía informal, subvencionando o traballo de coidados e doméstico, e concéntranse en empregos peor remunerados e con menos cualificaciones, con pouca ou ningunha protección social. Lograr a igualdade de xénero no traballo é indispensable para o desenvolvemento sustentable.
O próximo sesaxésimo primeiro período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller (CSW 61), que se celebrará do 13 ao 24 de marzo na Sede das Nacións Unidas, deliberará sobre "O empoderamiento económico das mulleres no cambiante mundo do traballo"
Ler máis
Ningún comentario :
Publicar un comentario