Antes en Galicia case toda a comida era da casa, cultivada e
criada pola xente. Para iso a xente tiña que facer uns traballos ao longo do
ano que cando tiñan que ver cas verduras estaban marcadas polas fases da Lúa.
Un caso claro é o das cebolas, imos ver todos os pasos para poder ter cebolas
da casa.
1º Por Santa Lucía ( 13 de Decembro ) escollese as cebolas
máis grande e bonitas, unhas 20 ou 30, plántanse na terra e medran, botarán a
flor no mes de Xullo e en Agosto recollese a semente.
2º A semente debe secarse ben, hai que desfacela cas mans, e
ponse ao Sol para que seque.
3º Na Lúa de Setembro na baixante de todo, cando pasa de
cuarto sementase na terra ben preparada, cando nace hai que cuidalo,
mondalo ( quitar as malas herbas ), o que nace é o cebolo.
4º No mes de Febreiro ou Marzo dependendo da localidade e a
terra, na baixante da Lúa (tamén despois do cuarto minguante )
transplantase o cebolo, e no mes de Xullo teremos que recoller as cebolas, das
cales escolleremos as máis fermosas para volver a empezar. As outras recóllense
deixase secar o sol e enrístranse para poder colgalas nun lugar seco e
ventilado.
Ningún comentario :
Publicar un comentario