mércores, 17 de marzo de 2021

Vértices de Versos

 

Para celebrar o Día da Poesía (domingo 21 de marzo), o venres 26 de marzo ás 19:30 grazas ao Concello, na Casa da Cultura vaise proxectar o documental Vértice de Versos.

Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermo axuda a comprender esta situación.

Estades todos invitados!

Ningún comentario :