miércoles, 5 de diciembre de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)



Ola de novo! Debe ser que teño gañas de fuxir de todo que a proposta desta semana tamén vai de programación viaxeira, eso sí, lixeira e fresquiña:

"Guías urbanas" é un amplo conxunto de guías sobre cidades do mundo, que nos achegan a lugares máxicos e cheos de encanto.
Os condutores destes documentais viaxan sós xunto ás súas videocámaras para capturar a esencia da humanidade que reside en cada recuncho do planeta. Perseguen toda a beleza fuxindo dos clixés e obsequian ao espectador máis esperto con trucos sorprendentes que fan da cidade un sitio máis accesible e fácil. Un pracer para os sentidos.


Canle: Localia

Emisión: Sábados ás 20:30 horas

Formato/duración: Serie divulgativa en capítulos monográficos sobre cidades do mundo, de 30 minutos aprox.

Por que a escollín?: Desde o principio, as miñas recomendacións buscan orientarvos hacia programas áxiles e doados de seguir, con formatos actuais e fácil dixestión, que non vos leven á tentación de cambiar de canle.

E neste caso, a saber senón vos da ideas para escoller, por exemplo, o destino desa excursión de fin de curso...




No hay comentarios :