domingo, 23 de diciembre de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)

Queridos amigos e amigas, por fin chegaron as vacacións de Nadal . As vacacións...máis cama, máis festa, máis televisión..., pero con xeito por favor!: A proposta de hoxe é de absoluta calidade, variada nos temas e algo máis densa en contidos que as que normalmente vos recomendo (pero como temos moito tempo libre e mellor humor nestes días, creo que poderedes gozala sen problema); o traballo da National Geographic é unha magnifica realidade para a divulgación da Ciencia, da Historia, da Antropoloxía, da Natureza, a través de publicacións impresas e audiovisuais. Pois ben, agora mesmo estanse a emitir os seus documentais simultaneamente en Localia (Sábados ás 15:30 horas) e La Sexta (Sábados e Domingos sobre as 11:30 horas). E se resulta que vos engancha, convídovos a consultarnos na Biblio, que hai moito e bó...

Adicade uns segundos a mirar as imaxes que escollín...e logo decidide se prendedes a tele.

BO NADAL E ATA A VOLTA.




1 comentario :

CresceNet dijo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.