viernes, 25 de enero de 2008

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)

Ola meus! Agora de grande doume conta do burro que son en cuestións de Ciencias; sempre as vin como unha complicación para a cabeza, e as gañas de saber desaparecían coas dificultades para comprender... A culpa sobre todo foi miña, pero home, as cousas ben explicadas tamén se collen con outro cariño, verdade?

Pois mirade que atopei a solución, aos meus anos!: Chámase Tres14 e o emiten en La 2 de TVE os domingos ás 19:30 horas. É un programa de Ciencia para todos os públicos, un programa de preguntas que todos nos facemos e que responde de xeito sinxelo; quere devolvernos o pracer por entender o que nos rodea... Entrevistas con divulgadores/as científicos/as, experimentos, Cine e Ciencia, visitas a museos, xacementos ou talleres de planchas de surf, e respostas a curiosidades como por que a gripe prefire o inverno ou se é perigoso o microondas, son seccións fixas deste produto innovador.

Información e entretemento, ou Ciencia divertida. Iso é Tres14, un programa moi noviño pero ben prometedor. Mirade un anaquiño no video que vos propoño...



No hay comentarios :