viernes, 30 de noviembre de 2007

Televisión con xeito (para ver sen morrer de pena...)

Toca viaxar polo mundo mundial, cada semana da man dun famosete como Santi Millán, ou Florentino Fernández, ou Wyomin, Esther Arroyo, Imanol Arias, Carolina Cerezuela, Paula Vázquez...; todos/as eles/as fan de guías para a ocasión e engaden atractivo ao que per se xa teñen os destinos propostos ( Nova York, Londres, Lisboa, Noruega, Túnez, Exipto...): Planeta Finito é unha aposta televisiva entretida e con moito humor, moi variada nos destinos e que amosa moitas realidades distintas de cada espazo que visita. Pode ser un xeito de aprender de todo un pouco sobre os lugares e as xentes... Veña!

Canle: La Sexta

Emisión: Sábados polo serán

Formato/duración: Serie divulgativa de viaxes en capítulos independentes, de 60 minutos aprox.

Por que a escollín?: Polo seu carácter informal, cómplice co espectador, o que non significa falla de rigor na visita proposta e nos coñecementos que podemos adquirir sobre o lugar. Os destinos son todos interesantísimos. En definitiva, unha visita virtual entretida e satisfactoria.

No hay comentarios :