Os museos contribúen de maneira fundamental ao benestar e ao
desenvolvemento sostible das nosas comunidades. Como institucións de confianza
e importantes fíos no noso tecido social compartido, están nunha posición única
para crear un efecto cascada que fomente o cambio positivo. Os museos poden
contribuír de moitas maneiras á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible: desde o apoio á acción climática e o fomento da inclusión, ata a
loita contra o illamento social e a mellora da saúde mental.
Cada ano, desde 2020, o Día Internacional dos Museos apoia
un conxunto de obxectivos dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das
Nacións Unidas. En 2023, centrarémonos en:
Obxectivo 3 Saúde e benestar mundial: Garantir unha vida sa
e promover o benestar para todos en todalas idades, en particular no que
respecta a a saúde mental e o illamento social.
Obxectivo 13 Acción polo clima: Tomar medidas urxentes para
combater o cambio climático e os seus impactos, adoptando prácticas baixas en
carbono no Norte Global e estratexias de mitigación no Sur Global.
Obxectivo 15 A vida na terra: Protexer, restaurar e promover
o uso sostible dos ecosistemas terrestres, amplificando as voces dos líderes
indíxenas e concienciando sobre a perda de biodiversidade.
Aquí tedes un percorrido polos fondos da biblioteca relacionados con estos obxectivos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario