A Ponte do Porco,
que atravesa o río Lambre e conecta os concellos de Miño e Paderne, debe o seu
nome á historia de Roxín Roxal, unha lenda medieval galega ben coñecida no
norte da Coruña, especialmente na comarca do Eume, que narra un tráxico
episodio protagonizado por un doncel ao servizo da casa dos Andrade, señores de
Pontedeume. Este relato, transmitido oralmente de xeración en xeración, foi
recollido e reformulado por literatos como Benito Vicetto, Uxío Novoneyra ou
Leandro Carré Alvarellos. Precisamente a
través da obra deste último chegou ata un noviño Manel Cráneo que ficou
enfeitizado coas andainas do intrépido escudeiro e que agora, anos despois, une
forzas coas do debutante Brais Fierro para tentar levalas á banda deseñada.
Descobre Roxín Roxal e a daga do conde!!
Ningún comentario :
Publicar un comentario