luns, 22 de maio de 2023

Visita de autores: Francisco Narla e Fierro


Hoxe pola tarde tivemos o pracer de conversar con Francisco Narla sobre Fierro e o resto da súa obra. Parte dos membros do club de lectura de adultos xuntámonos con representantes do club de lectura do CIP A Xunqueira de Fene para comentar có autor a novela Fierro, ambientada na época da reconquista, narra as aventuras dun "ataxador", un personaxe escaldado da vida, que non ten nada que perder porque xa o perdera todo, que se ve envolto nunha campaña bélica de moros contra cristiáns nunha zona onde as escaramuzas eran cotiás: o sitio de Alarcos, a batalla das Navas de Tolosa compoñen o escenario onde Fierro e o seu fiel can buscan a vinganza.
O autor descubríunos "trucos de costureira" no xeito de falar, ou máis ben, blasfemar do protagonista; os elementos de construcción da novela e do resto da súa producción literaria. Leunos o inicio da última das súas novelas Breo, e a súa querencia coa novela histórica: se non coñecemos a propia historia non podemos respetarnos nin construir un futuro.
Todo un pracer grazas a Lucía Prieto que nos propuxo a lectura e facilitounos o encontro có autor.

Ningún comentario :