mércores, 18 de setembro de 2024

Noite galega das persoas investigadoras



O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!

martes, 17 de setembro de 2024

Este curso disfrutaremos aínda máis do.... teatro


...porque a vida, como dicía aquel autor, é puro TEATRO!


PENÉLOPE DECLARA o oráculo:

   «QUE á banda do solpor é mar de mortos,
   incerta, última luz, non terás medo.

   QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
   QUE cor malva se decide o acio.

   QUE acades disas patrias a vindima.
   QUE amaine o vento, beberás o viño.

   QUE sereas sen voz a vela embaten.
   QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

   “Existe a maxia e pode ser de todos.
   ¿A que tanto novelo e tanta historia?

   EU TAMÉN NAVEGAR.»
 
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior

 

luns, 16 de setembro de 2024

Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, PREMIOS XERAIS 2024

 

As obras cos títulos Detective Ferruchi, I’m Obélix e Milú e o edificio das persoas extraordinarias resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, respectivamente.