mércores, 26 de febreiro de 2025

Uns peliqueiros moi artísticos

A proposta do EDLG, o alumnado de 1º e de 3º da ESO realizou, guiado polo seu profesor de Educación Plástica, estas fantásticas carautas de peliqueiro que vedes na presentación e que temos expostas no instituto.

O peliqueiro é un personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a máscara, que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais, e remata na parte posterior nunha pelella de gato ou coello (a pelica). Este personaxe paséase polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man. O seu disfrace considérase o máis antigo dos que conservamos no Entroido galego.

domingo, 23 de febreiro de 2025

Conmemoración do Día de Rosalía a través da Bioloxía

Para conmemorar o Día de Rosalía, e utilizando como inspiración o libro O herbario de Rosalía (do que temos exemplares na nosa biblioteca), o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato fixo este proxecto no que, a partir dos versos da autora, estudou as características biolóxicas de distintas especies de plantas. Temos a exposición dos carteis no corredor da planta baixa do instituto e tamén volos deixamos aquí. Parabéns ao alumnado polo seu traballo!

No Día de Rosalía


venres, 21 de febreiro de 2025

Ler en papel e escribir a man... O ensino tradicional funciona

Estudos recentes indican que ler en papel e escribir a man axudan non só a mellorar a comprensión, senón tamén a estimular un procesamento máis profundo da información. 


Convidámosvos a reflexionar sobre esta nova.

xoves, 20 de febreiro de 2025

Saga Empíreo


"Un dragón sen o seu xinete é unha traxedia. Un xinete sen o seu dragón está morto." Con esta frase arrincaba Ás de sangue, a primeira entrega da serie Empíreo, de Rebecca Yarros, que conquistou corazóns e andeis, consolidándose como o maior fenómeno literario xuvenil desde Harry Potter. Desde que Ás de Sangue irrompeu en 2023, a saga ha pulverizado récords. Cunha gran produción audiovisual en marcha da man de Amazon Prime e a multipremiada directora Moira Walley-Beckett, o seu éxito segue crecendo sen freo.

Agora, xa temos Ás de ónix, a esperadísima terceira entrega da saga Empíreo. Se aínda non che sumaches a esta aventura de xinetas e dragones, traémosche a guía de lectura definitiva para ler as novelas da saga Empíreo na orde correcta. Prepárache para alzar o voo!

Descubre a web da autora.

mércores, 19 de febreiro de 2025

Novidades: Xirarei!

 

Xirarei! é un percorrido único por Galicia que mestura humor, tenrura e unha fonda admiración pola cultura galega. A través dun itinerario que abrangue os recunchos máis fermosos e emblemáticos da terra, o autor fainos partícipes dunha viaxe onde cada páxina é unha homenaxe ao noso patrimonio cultural. 

O lector poderá gozar de anécdotas cotiás con moita chispa ao tempo que descobre lugares máxicos, tradicións ancestrais e personaxes entrañables. Pablo Carreiro celebra unha oda á identidade galega relatada con agarimo e retranca e ofrece unha experiencia que deixará unha pegada fonda no corazón de quen a lea.

martes, 18 de febreiro de 2025

Novidades: Los ojos de Mona


Cincuenta e dúas semanas: ese é o tempo que lle queda a Mona, unha nena de dez anos, para atesourar toda a beleza do mundo. É o lapso que o seu erudito e orixinal avó se permitiu para descubrirlle, cada mércores despois do colexio, unha obra de arte antes de que quede cega. Así, dispóñense a visitar xuntos os tres grandes museos parisienses: Louvre, Orsay e Beaubourg (Centro Pompidou), e a mergullarse en cadros e esculturas coa fin de que a súa propia beleza e o seu sentido filosófico permeen e se inscriban para sempre no máis fondo de Mona. Mirando a través dos ollos de Botticelli, Vermeer, Goya, Frida Kahlo ou Basquiat, a pequena aprenderá sobre a xenerosidade, a dúbida, a melancolía, a autonomía ou a indignación, e irá incorporando a súa poderosa aprendizaxe no seu día a día.

Xa na biblioteca!

luns, 17 de febreiro de 2025

Tal día coma hoxe: Gustavo Adolfo Bécquer

A vida e a obra do poeta sevillano Gustavo Adolfo Bécquer é unha viaxe chea de luces e sombras que empezou un 17 de febreiro de 1836, unha vida breve que se vería truncada pola morte do seu irmán Valeriano, en 1870, que marcaría o final da súa propia existencia.

A Gustavo Adolfo invadiulle tras ese tráxico acontecemento unha escuridade e unha amargura que fixeron a súa de existencia algo insoportable. As súas últimas palabras foron: "Todo mortal", e o seu último desexo, expresado ao seu mais íntimo amigo, foi que queimasen todas as súas cartas e publicasen os seus poemas.

Seguir lendo no National Geographic; Un poeta romántico de lenda
Podes ler as súas RImas e Lendas na web do Cervantes Virtual.
Consulta no noso catálogo.

venres, 14 de febreiro de 2025

Premios do I concurso de memes polo Día de Castelao

Este venres fixemos a entrega de premios aos/ás alumnos/as gañadores/as do I Concurso de memes polo Día de Castelao. Aos membros do xurado costounos bastante decidir, xa que tiñamos moitos traballos de gran enxeño e creatividade.

Moitos parabéns a Marta, Nerea, Kevin, Santi e Christian! E, por suposto, moitas grazas a todos/as os/as participantes!

Como dicir amor en máis de 100 linguas do mundo

 

Sempre é bo momento para pronunciar estas palabras, pero por se queres probar noutras visita  Persaflores e sempre acompáñaas con boas lecturas:


martes, 11 de febreiro de 2025

11 febreiro: Día de Internet Segura 2025


O  é unha efeméride impulsada desde 2004 pola Comisión Europea para promover un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais, especialmente entre menores e mocidade. Na actualidade celébrase en 180 países.

A mellor maneira de fomentar un uso seguro de internet é mediante a formación e a concienciación, como as que podes atopar en ciberseguridadegalicia.gal

Xunto con novas de interese sobre ciberseguridade e protección de datos persoais, neste portal web podes atopar os seguintes recursos sobre estas temáticas:

Outras referencias en España con recursos nestas mesmas materias son as seguintes:

OSI (Oficina de Seguridade do Internauta)

AEPD (Axencia Española de Protección de Datos)

Ademais, o teléfono gratuíto do Incibe, o 017 está dispoñible todos os días do ano de 8:00 a 23:00 para proporcionar atención e axuda nos temas relacionados coa seguridade na vida dixital persoal.

*Importante: se necesitas axuda coa ciberseguridade no teu posto de traballo, debes seguir as canles corporativas establecidas.

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal


venres, 7 de febreiro de 2025

Novidades en portugués

 

Como veríades, a biblioteca está en expansión espacial pero temén en contidos: 
así que non deixedes de botarlle unha ollada aos novas adquisicións 
pois seguro que entenderedes os textos sobre todo porque van acompañados 
dunhas ilustracións fantásticas!!!

sábado, 1 de febreiro de 2025

Domingo Villar

Unha figura de bronce lembra dende o pasado 29 a Domingo Villar na Alameda de Vigo unha das voces máis queridas da nosa literatura. A escultura, obra de Pedro Dobao, convida a sentar a carón do escritor e a compartir con el ese Vigo literario que soubo retratar coma ninguén.

Domingo Villar (Vigo, 1971 – 2022) Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006) iniciou a serie protagonizada polo inspector Leo Caldas. A segunda, A praia dos afogados (2009), supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra con traducións en todo o mundo. Coas súas obras obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento, o Premio Losada Diéguez e o do Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia, ademais dos premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista dos Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, do Premio Le Point du Polar Européen en Francia e do Premio da Academia Sueca de Novela Negra. En 2019 publicou O último barco. En 2021, viu a luz Algúns contos completos, un canto á amizade e reunións con amigos, fermosamente acompañado polos linogravados do artista Carlos Baonza. O libro Síbaris, foi unha obra de teatro publicada de maneira póstuma, en 2023, e levada aos escenarios por Lois Blanco, cun elenco formado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novóa.

Como vedes, todas as súas obras están na nosa biblioteca, e para mostrar o noso pesar polo seu pasamento fixemos un roteiro polo escenarios da súa última obra O último barco có club de lectura de adultos.