A proposta do EDLG, o alumnado de 1º e de 3º da ESO realizou, guiado polo seu profesor de Educación Plástica, estas fantásticas carautas de peliqueiro que vedes na presentación e que temos expostas no instituto.
O peliqueiro é un personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a máscara, que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais, e remata na parte posterior nunha pelella de gato ou coello (a pelica). Este personaxe paséase polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man. O seu disfrace considérase o máis antigo dos que conservamos no Entroido galego.
Ningún comentario :
Publicar un comentario