mércores, 30 de xaneiro de 2019
luns, 28 de xaneiro de 2019
Día Escolar da Paz e da Non-Violencia
Nesta data queremos lembrar a moitas persoas implicadas na pescuda da PAZ non só co boletín para que identifiquedes as citas senón coa exposición de fondos e dos distintos premiados Nobel pola Paz grazas aos alumnos de IntraExp de 1º da ESO.
xoves, 24 de xaneiro de 2019
Proxecto Sistema Solar: Sistema de numeración Neptuniano
Partindo de que
as matemáticas son utilizadas hoxe en día, e fórono en toda a historia por
todas as culturas no noso planeta, porque son imprescindibles para calquera
civilización, determinamos que en Neptuno tamén o serían. Por tanto cremos que
os habitantes de Neptuno deben de ter o seu propio sistema de numeración.
O sistema de
numeración decimal está directamente relacionado co número de dedos que temos
nas nosas mans. Como serán “as mans” dos neptunianos?
Os símbolos que
utilizamos para representar as cifras e as operacións son creacións humanas.
Entón crearemos os símbolos Neptunianos para as cifras que se necesiten no seu
sistema de numeración, e para as súas operacións.
Sistema de
numeración Neptuniano:
- Cada alumno debe realizar un debuxo no que represente unha man dun habitante de Neptuno.
- Determinará cal é a base do seu sistema de numeración en función do número total de dedos que teñan nas súas mans neptunianas.
- Deseñará os símbolos necesarios para as súas cifras e as súas operacións.
- Todos escribirán cos seus símbolos o número 231 e, tendo en conta a base de que se trate en cada caso, pasarano ao noso sistema decimal
sábado, 19 de xaneiro de 2019
Presentación da 18º Revista de Neda
O venres tivo lugar a presentación da decimoitava edición do Anuario Cultural Revista deNeda de mans da Concelleira de Cultura, Dna. Cristina Bouza, e do Sr Alcalde, Don Angel Alvariño, xunto có responsable da edición, Don Manuel P Grueiro, e Don José Luis Tasset Carmona, Catedrático de Universidade e ex- Decano da Facultade de Humanidades, (Campus de Ferrol) da Universidade da Coruña.
Despois de lembrar a dous colaboradores da revista falecidos este ano Manuel Grueiro presentou ó profesor Tasset quen fixo unha cálida escolma do contido da revista suliñando a calidade dos artigos e o interese para os lectores. O profesor destacou a temática variada da revista e a súa pervivencia en formato papel nun tempo no que o dixital está máis presente.Despois da charla houbo un pequeno concerto do grupo Encrucillada que engalanou a cita cun repertorio propio e clásico de música folk cun aire propio moi do gusto de todos os asistentes.
O contido da revista se divide en Homenaxes e Lembranzas:
- Apuntamentos sobre a revolta popular de marzo do 1918 por Ánxel Rial Otero.
- Manuel Rodeiro Pereira: un nedense de pro exiliado en Moscú, por Fernando Cendán Pazos.
- Don Antonio Luis Crespo Prieto, por A. Couce Rguez de Alonso.
- Andrés Perille Orozco, un nedense emigrante, inventor y empresario de "mil negocios", de Fernando Cendán Pazos.
- Historias do Hispano-Argentino, un adeus a Juan Cadenas por Vicente Araguas.
- Breve biografía do médico Enrique Malde Lapique, por A. Couce Rguez de Alonso.
Na sección de Humanidades atopamos:
- Neda e as outras Nedas, por Manuel Pérez Grueiro
- Urbano Feyjóo Soutomayor y Cejo por Elisa Vázquez de Gey.
- De naos e carabelas: A construcción naval e a exportación madeireira na ría de Ferrol e na vila de Neda no século XVI, por Fernando Dopico Blanco.
- Leyendas de Neda por Sara Sequeiro Río
- Cerámica de Manuel Laso, cerámica de Casadelos, por Fernández Negral.
- Itinerario por la ruta del pan de Neda, por Manuela Santalla e Juan Carlos Rico
- Pregón do 9º Festival Río Belelle Folk, 2016 por Manuela Santalla
- Estatística de peregrinos en Neda no ano 2017 por Luís Manuel Fdez Novoa.
venres, 18 de xaneiro de 2019
Novidades Manga
Como sabedes nos gusta o manga así que seguimos mercando novos títulos
ademais de completar os que xa temos...
xoves, 17 de xaneiro de 2019
Novedades:El secreto de Xein
El secreto de Xein ya en la biblioteca
Los caminos de Axlin y Xein vuelven a cruzarse, pero ambos parecen estar más alejados que nunca. Ella trabaja en la biblioteca y sigue recopilando información para completar su bestiario, mientras investiga lo que parece una presencia anormal de monstruos dentro de los muros de la Ciudadela. Por otro lado, al intentar ayudar a su amigo Dex con un problema personal se verá envuelta en un conflicto que implica a varias familias aristocráticas de la ciudad vieja.
Xein, por su parte, se ha
convertido en uno más de los Guardianes que protegen a los habitantes de la
Ciudadela de los monstruos que los acechan. Su lealtad a la Guardia lo obliga a
mantener sus nuevos conocimientos ocultos para el resto de la gente y
especialmente para Axlin, lo cual levantará un nuevo muro entre los dos.
Todo ello causará conflictos
entre ambos cada vez que vuelvan a encontrarse, pero también hará saltar
chispas que arderán con más fuerza a causa de su pasado en común.
xoves, 10 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)





