venres, 12 de xullo de 2019

Norabóa a Carlo Frabetti, Premio Cervantes Chico 2019

Aínda que estamos de vacacións non podemos deixar de comentar unha boa noticia: Carlo Frabetti Premio Cervantes Chico 2019.
O pasado 2 de xullo reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico 2019, presidido pola concelleira de Educación do Concello de Alcalá de Henares (Madrid), Diana Díaz do Pozo, e acordou outorgar o galardón deste ano, a XXIII edición, a Carlo Frabetti, «motivado pola súa ampla e exitosa traxectoria literaria no mundo infantil e xuvenil. É un autor moi lido entre nenos e novos e as vendas dos seus libros así o demostran».
O Premio Cervantes Chico é un prestixioso recoñecemento que outorga o concello de Alcalá de Henares para distinguir a un escritor ou escritora de lingua castelá cuxa traxectoria creadora destacase no campo da literatura infantil e xuvenil. Para a súa designación téñense en conta, ademais dos seus méritos literarios, criterios como a popularidade e a utilización da obra do escritor como recurso educativo e didáctico. Outórgase un recoñecemento público ao autor galardoado, a través do cal tamén se procura a difusión e no fomento da súa obra entre a poboación infantil e xuvenil. Coincidindo coa entrega deste premio, prémiase así mesmo a escolares, familias e docentes de todos os centros educativos da cidade, que destacasen polos seus valores humanos.

Seguir lendo na Revista Babar

Ver as obras do autor no noso catálogo

domingo, 23 de xuño de 2019

Axúdanos a conseguir o Premio Patrimonio Europeo/Europa Nostra 2019 á restauración do Pórtico da Gloria


Para facelo tes que seguir estas regras:
  • Selecciona 3 proxectos ( o primeiro levará 3 puntos, o segundo 2 puntos e o terceiro 1 punto)
  • Non poderás elixir os proxectos do mesmo país
  • Só poderás votar unha vez, e logo de facer a túa selección recibirás unha mensaxe no teu correo (que permanecerá oculto) para confirmar o teu voto.
  • Podes deixar algún comentario sobre a túa elección
  • Tes ata o 15 de setembro para participar

venres, 14 de xuño de 2019

Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Premios Xerais 2019




Os xurados elixiron “Xelís, o guieiro das botellas de mar” de Rosa Aneiros, como Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019; “Os corpos invisibles” de Emma Pedreira Premio Jules Verne de Literatura Infantil, 2019 e “Shanghai a Barcelona” de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019. 


Noraboa ós premiados, xa estamos desexando que chegue o outono para lervos...

Ler a noticia en Sermos Galiza

Saber máis na rede e na prensa