martes, 10 de xaneiro de 2023
Calendario Científico Escolar
luns, 9 de xaneiro de 2023
Galicia, no primeiro mapa de postas
xoves, 5 de xaneiro de 2023
Calendario do Libro e da Lectura 2023
mércores, 21 de decembro de 2022
Qué miras bobo?
martes, 20 de decembro de 2022
Novidade exclusiva asinada polo autor: O lume de David Rubín
Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.
Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.
Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.
Grazas David pola dedicatoria.
luns, 19 de decembro de 2022
Xa estamos quentando motores para a V Olimpiada Cultural
A Olimpiada Cultural vai comezar e por iso vos invitamos a participar, será un reto estimulante que faremos por parellas seguindo as tres categorías doutros anos:
- Junior primeiro ciclo da ESO
- Genius segundo ciclo da ESO
- Máster bacharelato
Para participar tedes que inscribirnos na aula virtual seguindo as instruccións que atoparedes en Biblioteca e indicar nome do equipo e de membros, sempre da mesma categoría, tamén podedes coller o boletín de inscripción que hai na biblioteca física. Tedes ata o vindeiro 24 de xaneiro para inscribirvos porque a Olimpiada comezará o 30!!!
Lembrade que tedes as preguntas dos anos anteriores no site da Olimpiada. Lede e as bases do concurso para coñecer cada unha das probas e lembrade que atopar os enigmas en libros para a Pregunta do día vos dará comodíns, así anulades erros nas respostas.
Ánimo e non deixedes de participar!






