venres, 7 de xuño de 2024

8 de xuño, Día Mundial dos Océanos

O día 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, para recordarnos a todos o importante papel que teñen na nosa vida cotiá, por seren o maior pulmón do noso planeta, unha fonte importante de alimentos e unha parte fundamental da biosfera.

Na actualidade, os humanos estamos causando unha gran cantidade de impactos negativos sobre os océanos e, para concienciar sobre un dos máis prexudiciais, a contaminación por plásticos, o departamento de Debuxo e o de Bioloxía colaboramos representando unha ola de Kanagawa feita con plásticos, así como distintos carteis informativos sobre esta problemática. Este proxecto foi realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato. 

Boletín de recomendacións de lectura para o verán 2024

 Neste tempo de verán queremos compartir con vos a nosa selección de lecturas para o verán, pois un tempo de lecer sen ler, non é tal: deixemos voar a imaxinación e gocemos sempre cun libro na man.

Para ver o boletín cos enlaces premede aquí.

mércores, 5 de xuño de 2024

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, establecido por primeira vez pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972.

Este ano o lema é As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración.



En relación con este día, convidámosvos a visitar a nosa sección de Biblioteca Verde

martes, 4 de xuño de 2024

Roteiro en Mondoñedo con Álvaro Cunqueiro

 
preme na imaxe para ler os textos

O vindeiro martes 18 iniciamos a actividade de final de curso cos grupos de club de lectura e manga celebrando a fantasía de mans de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Como fixeramos o curso pasado en Celanova visitaremos a vila xunto co club de lectura do IES Breamo de Pontedeume compañeiros de viaxes literarios.
chapas conmemorativas do roteiro

Esperamos que o tempo nos acompañe nesta visita tan esperada no berce non só do grande fabulista que era Álvaro Cunqueiro; das súas rúas saíron nomes da cultura tan salientables como Pascual Veiga, José Pacheco, Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Nogueira Varela ou Marina Mayoral.

Mondoñedo  foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia ata 1833 e sé episcopal desde o s. XII. Ten o  título de "cidade" desde o ano 1156, por concesión do rei Alfonso VII de León e foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1985, cun casco vello que reflicte o  espírito señorial e eclesiástico desta vila “rica en pan, en aguas y en latín”.

luns, 3 de xuño de 2024

100 anos sen Franz Kafka


Tal día como hoxe fai 100 anos, morría en Austria o escritor Franz Kafka. A súa obra é coñecida polos seus elementos surrealistas, que esconden un simbolismo detrás de cousas aparentemente absurdas.
Podedes atopar exemplares dalgunhas delas na nosa biblioteca.

xoves, 30 de maio de 2024

DEM 2024 Galería de fotos e boletín

Desde que o profesor de matemáticas inglés, Rowland Hill (1795-1879), creara o primeiro selo postal da historia, o Penique Negro, moitos destes pequenos exemplares representaron os personaxes, eventos e curiosidades na sociedade na súa época.

Có gallo do Día Escolar das Matemáticas (DEM), o 12 de maio, queremos mostrar cómo os selos achegaron as figuras máis relevantes das matemáticas, os seus descubrimentos e curiosidades á sociedade pois non fai moito tempo, cando non había internet...., as comunicacións eran por correo postal e para elo se precisaban os selos postais.

Percorrede a mostra e buscade as respostas para as preguntas do boletín da exposición. En post anteriores tedes os calameos para velos polo miúdo.


luns, 27 de maio de 2024

Enquisa funcionamento da BE curso 2023/24

Premiados na VI Olimpiada Cultural

 

preme para ver a galería

O venres 24 fixemos entrega dos premios aos gañadores da 6º edición da Olimpiada Cultural, ou polo menos aos alumnos que non estaban en 2º BAC, pois están moi ocupados coa festa de graduación e as ABAU.

Lembrade que xa están as probas coas solucións publicadas no site da Olimpiada Cultural.

Grazas aos participantes e norabóa aos gañadores que curiosamente se duplicaron na categoría de máster e tivemos que dar doble premio aos 1º e 2º pois estaban empatados!!!

A vindeira edición será a 7º e se realizará en xaneiro así que, xa queda menos.