Este curso traemos unha novidade que esperamos que vos guste: o pasaporte cultural. Trátase dun documento persoal que serve para rexistrar a vosa participación en diversas actividades culturais ao longo do curso, tanto dentro como fóra do IES: visita a museos, recensións de películas, booktrailers, participación en concursos e actividades do centro, etc. É válido para a ESO e o Bacharelato. Aqueles alumnos/as que completedes o pasaporte, recibiredes un premio a final de curso.
Poderedes adquirir o pasaporte entre o 1 e o 15 de outubro. Animádevos a participar!!
Aquí tedes explicado en detalle como funciona o pasaporte.
Deixámosvos a continuación as actividades pasaportables do primeiro trimestre (outubro, novembro e decembro):
- Participación como voluntario/a da Biblioteca Escolar (un selo por cada trimestre de participación).
- Participación como membro dalgún club de lectura ou do obradoiro de papiroflexia (un selo por cada trimestre de participación).
- Visita a calquera exposición da fundación Abanca. Xustificante: foto/selfie na exposición e breve comentario persoal sobre o que che pareceu. Entrega da foto/selfie e comentario no correo: biblioteca.ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
- Participación no concurso de microrrelatos de Samaín. Xustificante: entrega do microrrelato na Biblioteca. Busca a Alba para o teu selo.
- Participación no concurso de carteis contra a violencia de xénero polo 25 N. Xustificante: entrega do cartel na Biblioteca. Busca a Alba para o teu selo.
- Participación na campaña solidaria de recollida de alimentos. Xustificante: entrega dos alimentos a Alba.
- Asistencia a calquera evento cultural, como unha representación teatral, un musical, etc., (por exemplo, na Casa da Cultura de Neda, no Padroado da cultura de Narón ou no Auditorio de Ferrol). Xustificante: entrada e foto/selfie na actividade. Entrega dunha foto da entrada e da foto/selfie no correo: biblioteca.ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
- Asistencia a un museo (por exemplo, o Museo de Historia Natural de Ferrol, o Museo da Construción Naval de Ferrol, a Casa das Ciencias da Coruña, etc.). A visita non pode formar parte dunha actividade organizada polo IES Fernando Esquío. Debes visitalo pola túa conta, no teu tempo libre. Xustificante: entrada e foto/selfie na actividade. Entrega dunha foto da entrada e da foto/selfie no correo: biblioteca.ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
- Booktrailer dun libro da túa elección. O libro non pode ser unha das lecturas obrigatorias do curso. Si pode ser un libro dos clubs de lectura. Xustificante: entrega do booktrailer no correo: biblioteca.ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
- Vídeo-recensión dalgunha das seguintes películas (hainas na biblioteca) . Xustificante: entrega da vídeo-recensión no correo: biblioteca.ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal:
- Figuras ocultas (todos os niveis)
- Ágora (todos os niveis)
- El médico (todos os niveis)
- Resolviendo el enigma (todos os niveis)
- Gattaca (a partir de 4º ESO)

Ningún comentario :
Publicar un comentario