O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!
mércores, 18 de setembro de 2024
Noite galega das persoas investigadoras
O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a G-Night ou Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Neste enlace tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en difrentes cidades galegas. Non volo perdades!
martes, 17 de setembro de 2024
Este curso disfrutaremos aínda máis do.... teatro
...porque a vida, como dicía aquel autor, é puro TEATRO!
PENÉLOPE DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas patrias a vindima.
QUE amaine o vento, beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
luns, 16 de setembro de 2024
Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, PREMIOS XERAIS 2024
As obras cos títulos Detective Ferruchi, I’m Obélix e Milú e o edificio das persoas extraordinarias resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, respectivamente.
martes, 10 de setembro de 2024
venres, 21 de xuño de 2024
Feliz verán e boas lecturas
Vos desexamos disfrutedes dunhas merecidas vacacións...cheas de boas lecturas!!!
A biblioteca estará aberta ata o 5 de xullo
para que devolvades os libros que tedes en préstamo e
levedes o que queirades para ler no verán.
mércores, 19 de xuño de 2024
Feira de Ciencias intercentros
Hoxe tivo lugar unha Feira de Ciencias intercentros na que participamos o IES Fernando Esquío e o IES de Mugardos. Nela, alumnado da ESO e de Bacharelato dos dous centros fixo distintas exposicións e obradoiros: papiroflexia, explicación dunha investigación sobre o Efecto Pigmalión, diseccións de ollo e corazón, elaboración de cosmética natural, obradoiro de RCP, xincana dos sentidos, stand de nutricón, fabricación de biodiésel, trivial científico e retos matemáticos. Foi unha gran oportunidade para compartir os traballos realizados durante o curso e para coñecernos entre nós.
Deixámosvos a galería de imaxes!
Roteiro polo Mondoñedo de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Marina Mayoral e Pascual Veiga
Onte a maior parte dos membros do club de lectura literario e parte do club de manga nos achegamos ata Mondoñedo para visitar a vila, berce de tantos persoeiros das letras e a cultura. Nos acompañaron os rapaces do club de lectura do IES de Breamo cos que compartimos as lecturas dos textos de Cunqueiro, Leiras Pulpeiro e Marina Mayoral, percorrimos a vila e descubrimos as marabillas da Catedral, o Museo da Imprenta e a biblioteca do Seminario...., sabíades que logo da invención da imprenta por Gutenberg as dúas primeiras cidades galegas onde trouxeron o artiluxio foron Monterrei e Mondoñedo?
Grazas ao reitor do Seminario puidemos contemplar incunables e unha biblia políglota... toda unha experiencia.
Se queredes coñecer o que preparamos para o roteiro, visitade o artigo anterior.
luns, 17 de xuño de 2024
Proxectos de Bioloxía
Como proxecto do terceiro trimestre na materia Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º da ESO elaborou uns lapbooks sobre ecosistemas de película. Deixámosvos unha presentación para que poidades ver que ben lles quedaron!
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)





