domingo, 30 de outubro de 2016

Agochado no andel: Carta al rey


Estamos en plena Idade Media. Tiuri, un mozo de 16 anos, fixo méritos para ser nomeado cabaleiro do rei Dagonaut. A noite anterior ao seu nomeamento, mentres ver as armas nunha capela, escoita chamadas que veñen do exterior. Incumprindo as normas que a Cabalería establece para esa noite (non falar, non moverse do lugar ou non facer caso dos ruídos estraños), o mozo decide saír fóra: alguén pide axuda para que se dea ao Caballero Negro do Escudo Branco unha carta de suma importancia que ha de chegar urxente ao rei Unawen.
Cando Tiuri localiza ao Caballero atópao agonizante, e entón acepta ser el mesmo quen entregue a misteriosa carta ao rei, aínda que se trate dunha misión demasiado arriscada. 
Só tras vivir múltiples e perigosas aventuras descobre Tiuri o contido desa carta. Ademais, poderá despois de tanto esforzo ser finalmente nomeado cabaleiro?

Anímate Carta ao rey está esperándote

mércores, 26 de outubro de 2016

Novidades: Falcó de Pérez-Reverte

Arturo Perez-Reverte ten novo libro, Falcó, unha novela que publicará o 19 de outubro, e coa que dá un paso máis na súa carreira para meterse nun lugar no que non estivera, a Europa convulsa dos anos 30 e 40 do século XX, con espías, loitas de poder, traizóns, violencia e lado escuro.

Publicada por Alfaguara, a nova novela do escritor e académico ten outra gran sorpresa e é a creación dun novo personaxe fascinante e "moi revertiano", Lorenzo Falcó, un extraficante que é espía e que traballa para os servizos de información.

"É un tipo amoral por completo, guapo, elegante, ao que lle gustan as mulleres, simpático que sabe moverse tanto polos ambientes luxosos como polos trens europeos, os grandes hoteis, balnearios, os lugares dos anos 30 e 40 das grandes cidades, pero tamén polos sitios sórdidos de zonas de Istambul, Os Balcáns, África, a España da Guerra Civil, a Europa da Guerra Mundial", explica Pérez-Reverte nunha entrevista.
Seguir lendo na web do autor. 


martes, 25 de outubro de 2016

Novidades: Roald Dahl


«A cata» é un dos máis brillantes relatos de Roald Dahl. Publicouse por primeira vez na edición de marzo de 1945 do Ladies Home Journal e posteriormente foi publicado, en 1951, en The New Yorker. 

Seis persoas sentan á mesa na casa de Mike Schofield, un corredor de bolsa londiniense: Mike, a súa esposa e filla, un narrador sen nome e a súa esposa, e un famoso gastrónomo, Richard Pratt. Pratt adoita facer pequenas apostas con Schofield co fin de adiviñar o viño que se está servindo na mesa, pero esta noite a aposta será maior... Cando Schofield serve o segundo viño da cea comenta que será imposible adiviñar cal é, o que Pratt toma como un reto. 

Ían Barrenetxea realizou un magnífico traballo gráfico para convidarnos a esta misteriosa velada. O viño está servido. Empeza a cata.