mércores, 30 de outubro de 2019

Norabóa!!!


Se queredes consultar o catálogo da biblioteca os fondos da saga premede na imaxe e se queredes coñecer algunhas curiosidades dos nomes... podedes entrar no artigo de Infobae

sábado, 26 de outubro de 2019

Libros para soñar: La historia de Atenea


Nesta ocasión en La historia de Atenea atoparás unha obra chea de audacia e valentía, con ilustracións che cativarán e faranche revivir a vida dunha das deusas máis intrépidas e determinadas da mitoloxía grega

venres, 25 de outubro de 2019

Libros para disfrutar: Un error en el viaje


Nesta semana no que celebramos o día das Bibliotecas Escolares traémosvos unha serie de obras para coller e non deixar nin un instante. Aquí tedes un deles da serie Érase una vez...Un error en el viaje.
A ver se atopades os erros

xoves, 24 de outubro de 2019

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares



A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2019. A partir deste ano incorpórase o lema 'Aptas para todos os públicos', que estará presente nas todas actividades que se poñan en marcha. Ademais, a celebración do Día das Bibliotecas terá desde este momento un fío condutor diferente cada ano.

Promoción da igualdade de xénero
A actual edición céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero, en liña co III Plan Estratéxico do Consello de Cooperación Bibliotecaria 2019-2023, cuxo eixo transversal é a igualdade. A súa Liña de actuación nº 3: Visibilidade das bibliotecas, inclúe dentro do obxectivo xeral 3. 1: Comunicar o valor da biblioteca, a medida sobre a Celebración do Día das Bibliotecas.

Posta en valor das bibliotecas
O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar cuns servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Uns servizos que contribúen a mellorar a vida das persoas e ao desenvolvemento da sociedade no seu conxunto. Así como visibilizar a variedade tipológica das bibliotecas españolas: públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais /rexionais....

Libros para soñar: El hilo de Ariadna



Seguimos presentando obras para soñar o disfrutar nesta semana das Bibliotecas Escolares.
El Hilo de Ariadna non é solo un libro, nin un laberinto... é unha aventura apaixoante que che gustará compartir unha e outra vez. Non soltes o fío de Ariadna o quedarás atrapado entre as súas páginas.

Día das bibliotecas...