mércores, 21 de decembro de 2022

Qué miras bobo?

 

Agora que rematou o mundial de fútbol en Qatar, lembramos algún dos sucedidos como por exemplo a frase que dixo Messi nun momento de agobio, pero sabíades onde podemos atopar esta inscrición?

"Qué miras bobo?" é a curiosa inscrición que decora un dos medallóns de pedra do mosteiro de Samos. Pódese ver paseando polo claustro gótico, construído sobre o anterior de estilo románico, que foi destruído por un incendio a mediados do século XVI. Na web do mosteiro fan referencia ao rechamante gravado como bo exemplo da “picaresca medieval”. As letras vermellas fan que a inscrición, escrita “en forma xeroglífica”, sexa aínda máis atractiva a ollos do lector. Ao parecer, esta frase humorística é atribuída a Pedro Rodrígues, un mestre canteiro monfortino que se encargou de levar a cabo as obras da reconstrución do claustro entre 1562 e 1582 seguir lendo en GCiencia.

Pero non é a única mostra da picaresca dos canteiros de calquera época, son moitas as esculturas e gravados nos que os canteiros destacaban as súas ideas e protestas como os modernos fan hoxe grafitis.

martes, 20 de decembro de 2022

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Por se o queredes ver os enlaces.

Novidade exclusiva asinada polo autor: O lume de David Rubín

Seguro que non lembrades a David Rubín, un dos nosos ilustradores e autores favoritos máis creativos, que veu de visita por alá no 2015.

Acaba de presentar a súa última obra O lume, e como temos contacto con él, nola asinou e dedicou ao club de lectura.

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre. Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.

Estamos desexando ler esta obra tan agaiolante. Esta edición de Demo Editorial contén unha ilustración que enmarcaremos, a edición en castelán de Astiberri pon á venda o making of da obra cos borradores orixinais.

Grazas David pola dedicatoria.

luns, 19 de decembro de 2022

Xa estamos quentando motores para a V Olimpiada Cultural


A Olimpiada Cultural vai comezar e por iso vos invitamos a participar, será un reto estimulante que faremos por parellas seguindo as tres categorías doutros anos:

  • Junior   primeiro ciclo da ESO
  • Genius  segundo ciclo da ESO
  • Máster  bacharelato

Para participar tedes que inscribirnos na aula virtual seguindo as instruccións que atoparedes en Biblioteca e indicar nome do equipo e de membros, sempre da mesma categoría, tamén podedes  coller o boletín de inscripción que hai na biblioteca física. Tedes ata o vindeiro 24 de xaneiro para inscribirvos porque a Olimpiada comezará o 30!!!

Lembrade que tedes as preguntas dos anos anteriores no site da Olimpiada. Lede e as bases do concurso para coñecer cada unha das probas e lembrade que atopar os enigmas en libros para a Pregunta do día vos dará comodíns, así anulades erros nas respostas.

Ánimo e non deixedes de participar!

venres, 16 de decembro de 2022

Novidade: Destino Santiago


A piques de rematar este Ano Santo tan atípico pois non sempre un ano dura 2...., vos achegamos esta obra en banda deseñada que vos fará ver o peregrinaxe doutro xeito.
Non deixedes de coller esta entrega de Demo Editorial, Destino Santiago.

sábado, 10 de decembro de 2022

Derecitos Humáns

O 10 de decembro de cada ano, o mundo celebra o Día dos Dereitos Humanos, o mesmo día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

O lema do Día dos Dereitos Humanos deste ano é "Dignidade, liberdade e xustiza para todos e todas" e o chamamento á acción é #StandUp4HumanRights.

xoves, 8 de decembro de 2022

Adiccións e saúde mental


A través das historias de dous adolescentes este vídeo tenta sensibilizar sobre as adiccións sen substancia (tales como os videoxogos, xogos de azar, redes sociais, etc) como as adiccións con substancia (alcol e outras drogas).

Con motivo do Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e o Abuso de Drogas Saúde Mental España dá a coñecer unha serie de materiais, dirixidos a persoas mozas, co obxectivo de traballar na sensibilización e prevención das adiccións con e sen substancia neste sector da poboación.

#EngánchateALaSaludMental e os seus materiais elaboráronse grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

mércores, 7 de decembro de 2022

Cómics para prevenir las adicciones comportamentales

 
preme na imaxe para ler o artigo completo

La Confederación Salud Mental España ha lanzado ya tres cómics dirigidos a jóvenes con la intención de sensibilizar y prevenir las adicciones comportamentales y que suponen el desencadenamiento de trastornos mentales. Se trata de los cómics Una más, orientado de prevención de la adicción al juego y a las apuestas; Entre dos mundos, centrado en la adicción al alcohol, el consumo de estupefacientes y su relación con la salud mental; y Next Level, centrado en la adicción a los videojuegos.

Leer máis en consaludmental.org  o en som360.org