xoves, 23 de maio de 2024
mércores, 22 de maio de 2024
Día Internacional da Diversidade Biolóxica
O 22 de maio celébrase o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, declarado por Nacións Unidas, e que ten como finalidade concienciar sobre a importancia da conservación e a utilización sostible da biodversidade, así como da crecente ameaza que supoñen para a mesma as actividades humanas.
E para que poidades desfrutar das marabillas que temos no noso planeta, deixámosvos aquí as imaxes galardoadas no World Nature Photography Awards deste ano, un certame que celebra a biodiversidade. Esperamos que vos gusten!
venres, 17 de maio de 2024
xoves, 16 de maio de 2024
VI Olimpiada Cultural: preguntas e respostas
venres, 10 de maio de 2024
Hoxe non lemos...
xoves, 9 de maio de 2024
Guía LIX según os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) na que recolle todo tipo de materiais que tratan cada un dos dezasete obxectivos no camiño da Axenda 2030.
Trátase duns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada , que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.
Os materiais están organizados por cada un dos obxectivos:
1.Fin da pobreza, 2. Fame cero, 3. Saúde e benestar, 4. Educación de calidade, 5. Igualdade de xénero, 6. Auga limpa a saneamento, 7. Enerxía accesible e non contaminante, 8. Traballo decente e crecemento económico, 9. Industria, innovación e infraestrutura, 10. Redución das desigualdades, 11. Cidades e comunidades sustentables, 12. Produción e consumo responsable, 13. Acción polo clima, 14. Vida submarina, 15. Vida de ecosistemas terrestres, 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 17. Alianzas para acadar os obxectivos.
mércores, 8 de maio de 2024
98 anos de David Attenborough
No día do seu 98 cumpreanos, conmemoramos a figura de David Attenborough, un dos divulgadores naturalistas máis coñecidos e auténtico pioneiro en documentais sobre a natureza.
Se queredes coñecer curiosidades sobre o noso planeta, non dubidedes en coller algún dos documentais dos que dispoñemos na biblioteca.




