jueves, 17 de enero de 2008

¿Nucleares?

¿Nucleares? Non grazas. Este era o lema dos grupos ecoloxistas no último terzo do pasado século. O problema nuclear, residuos e armamento, era un tema candente tratado continuamente nos medios de comunicación. Sen embargo hai tempo que deixou de ser un tema central nos xornais.

As causas son variadas, pero algo está a cambiar. Estes días o Reino Unido aprobou a construción de novas centrais nucleares (ver o artigo de EL PAIS ou de La Voz de Galicia) e a maioría dos países están revisando o seu programa nuclear. Doutra banda, a voracidade enerxética do mundo segue aumentando, co que o prezos da enerxía manteñen unha subida constante. E sectores da sociedade que hai décadas clamaban contra a enerxía nuclear permanecen calados, preocupados polo cambio climático, debido, segundo nos din ó uso dos combustibles fósiles.

Cada vez máis teño a impresión de que estes debates están provocados, ou cando menos fomentados, por intereses económicos que baixo paraugas de ecoloxismo, progresismo, ou “vai ti saber”-ismo crean polémicas estériles, pero que as decisións están xa tomadas. O que se coñece como cortinas de fume. Pero hai unha cousa clara, e é que un pobo informado e decidido pode facer cambiar as cousas. Invítovos a ler varios textos sobre a radioactividade:

¿Es realmente peligrosa la radioactivad? Texto de divulgación científica onde se explica de xeito sinxelo a radioactividade.

¿Está usted de broma, Sr. Feynman? Xa falei deste libro nun post. Feynman, Premio Nobel de Física, traballou no Proxecto Manhatan, no que se fabricou a primeira bomba atómica e conta episodios da súa vida dun xeito moi divertido.

Quarks, chiflados y el cosmos. Onde se explican as teorías actuais sobre a materia.

O que teño claro é que dalgún xeito, esta febre consumista ten que frear. Máis que nada porque só temos un planeta.

Saúdos


Posdata, en contra do que moita xente pensa, incluídos moitos periodistas, o fume branco que sae das chemineas grosas e baixas é vapor de auga. As que contaminan son outras chemineas, ou outros materiais que non se ven.

2 comentarios :

luis dijo...

Penso que hai tecnoloxía e investigadores competentes para fomentar as enerxías renovables que cubran as demandas, sen poñer en risco nin as nosas vidas nin o medio. Lembra, simplemente, Chernobil. Tes toda a razón en que os debates moitas veces son provocados por intereses comerciais, políticos, xeoestratéxicos..., pero os temores pola enerxía nuclear creo que son fundados.
Noraboa polo artigo e unha aperta

Rodrigo dijo...

En contra do que non queren facer pensar non hai enerxía limpa, nin renovable, nin barata. Todo é cuestión do que esteamos dispostos a pagar.
Non defendo a enerxía nuclear, nin ningún tipo de enerxía. Defendo o consumo razoable e responsable. Moitas veces o Sol nos aporta a enerxía que precisamos, so hai que aproveitalo con materiais axeitados e boas orientacións. Outras veces o gasto en enerxía é puro despilfarro. E por último, poderíanse buscar solucións minimalistas, placas solares nos tellados, pequenos aeroxeneradores, enerxía xeotérmica, o que haxa.
Pero á certos sectores interésanlles ás cousas ó grande, porque así o pastel é moi xugoso e sen competencia.
E en canto a traxedias, lembra Ribadelago, en Zamora, onde unha presa levouse por diante moitas vidas.