sábado, 10 de enero de 2009

Un octoxenario chamado Tintin.

O 10 de xaneiro de 1929 Tintin aparece por primeira vez nas páxinas do Petit Vingtième. Tintin é un personaxe universal que, como moitas veces pasou, é máis coñecido que o seu autor, está traducido a moitas linguas e moita xente, de diferentes culturas e razas, se identifica con el.
A pesar da súa avanzada idade, esta de actualidade. Libros, exposicións, ensaios, páxinas de internet están a adicadas ó universo Tintin. O debuxo, as localizacións, os coches e as relacións entre os personaxes teñen dado e seguen dando moito xogo a todos os que, como a min, nos encanta Tintin.
Para rematar, que vos parece a versión de Tintin, actualizada, que atopei neste blog. Xa me contaredes

Para coñecer máis sobre a vida e obra de Hergé podedes consultar wikipedia e unha páxina adicada á súa biografía

Páxina oficial de Tintín

Tintín na biblioteca
Post sobre Herge no blogfesquio
Imprimir

No hay comentarios :