sábado, 25 de marzo de 2017

Visita ao Salón do Libro en Pontevedra e encontro cos alumnos do Club de Lectura do IES Sánchez Cantón



O venres estivemos de viaxe os membros do club de lectura do noso centro. Asistimos a unha representación teatral e visitamos o Salón do Libro en Pontevedra, e como non podía ser doutra maneira nos puxemos en contacto con Anxos Rial, bibliotequeira de recoñecido prestixio, quen nos recibíu con extraordinaria xenerosidade permitindo que os nosos alumnos, membros do club de lectura Pantasmas de Papel, cofraternizaran cos alumnos do seu grupo do club de lectura do IES Sánchez Cantón.
Grazas a este encontro disfrutamos da visita ao seu centro e biblioteca onde intercambiamos opinións sobre libros e literatura degustando unha bola típica da cidade, e agasallos pois os nosos alumnos lles entregaron unha chapa do noso club e un boletín coa escolma das cantigas do noso trobador favorito, Fernando Esquío.
Logo de pasar polo seu museo de ciencias nos ensinaron a cidade facendo un roteiro literario.
Vos deixamos a mostra fotográfica do evento eo boletín do roteiro que podedes consultar lendo o código qr.

Moitas grazas aos alumnos do IES Sánchez Cantón e a Anxos e Rosa por tan agradable e agarimosa xornada!!


No hay comentarios :