mércores, 7 de outubro de 2020

Lemnismath


Sempre sorprende o magnífico traballo que algúns desenvolven en pro da Divulgación Científica. 

É o caso de Lemnismath, unha exquisita canle sobre Matemáticas de YouTube. O autor amosa nos seus vídeos de xeito coidadísimo e moi atractivo, explicacións sobre distintos aspectos das matemáticas. 

Está empezando, e desexamos que continúe agasallándonos con estas magníficas creacións por moito tempo.

Totalmente recomendable.

Ningún comentario :