Quino, o creador de  Mafalda, morreu esta mañá aos 88 anos. Anunciouno en Twitter o lendario Daniel  Divinsky, de Edicións da Flor, o seu editor de toda a vida: “Morreu  Quino. Toda a xente boa no país e no mundo, chorarao”.  Divisnky tiña razón. 
Debuxante e humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado, coñecido como “ Quino”, creou a  Mafalda en 1964. A nena que opinaba de todo, que sabía que pasaba en Vietnam e quen eran os  Beatles, e desenmascaraba o mundo adulto a medias asombrada a medias indignada. 
Mafalda, creada en 1964, iluminou as primeiras reflexións sobre a sociedade e a política, e dese xeito chegou ao corazón de millóns de  hispanofalantes transcendendo xeracións, países e culturas
 
 
Ningún comentario :
Publicar un comentario