A poeta norteamericana Louise Glück é Premio Nobel de Literatura 2020, segundo anunciou este xoves a Academia Sueca. Glück, de 77 anos, debutou con Firstborn en 1968 e pronto foi aclamada como unha das autoras máis destacadas da literatura contemporánea estadounidense.
Louise  Glück obtivo o galardón por, en palabras do xurado, "a súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual". 
Entre as súas obras destaca Averno (2006) que é, en opinión da Academia Sueca, "unha colección maxistral, unha interpretación visionaria do mito do descenso de  Perséfone ao inferno no cativerio de  Hades, o deus da morte".
"Outro logro espectacular é a última colección de Louise  Glück,  Faithful  and  Virtuous  Night (2014)", engade a institución sobre as creacións da galardoada.
Seguir lendo en RTVE.
 
         
 
Ningún comentario :
Publicar un comentario