O debuxante e humorista arxentino Joaquín Salvador Lavado 'Quino', de 81 anos, creador de Mafalda,
 ten sido elixido gañador do Premio Príncipe de Asturias de Comunicación
 e Humanidades 2014 polo xurado que concede o galardón polo "enorme 
valor educativo" e "dimensión universal" da súa obra e por uns 
personaxes que "transcenden calquera xeografía, idade e condición 
social".
Fillo de emigrantes andaluces e de nacionalidade hispano-arxentina, Quino naceu en Mendoza
 (Arxentina) en 1932 e publicou as historietas do seu personaxe máis 
famoso entre 1964 e 1973, unha nena que odia a sopa e vive preocupada 
polos problemas da Humanidade e a paz mundial.
Subscribirse a:
Publicar comentarios
                                      (
                                      Atom
                                      )
                                    
 
 
Ningún comentario :
Publicar un comentario