Cando pensamos na Xeración do 27, a todos nos veñen á mente nomes indiscutibles da nosa literatura: Federico García Lorca, Rafael Alberti, Luis Cernuda ou Pedro Salinas. A razón é que, durante décadas, os libros de texto gardaron un silencio inxusto sobre a outra metade desa explosión cultural.
Nos mesmos cafés de Madrid, nas mesmas aulas da Residencia de Estudantes e co mesmo talento desbordante, un grupo de mulleres excepcionais, coñecidas como As Sensombreiro, transformou o panorama artístico da España dos anos 20 e 30. Poetas, novelistas, dramaturgas e pensadoras que, non obstante, foron borradas da historia oficial.
Hoxe, no Día das Escritoras, a piques de cumprirse o centenario da Xeración do 27, queremos rescatar do esquecemento algunhas desas figuras clave: Ernestina de Champourcín, Concha Méndez, Josefina de la Torre, María Teresa León, Rosa Chacel, María Zambrano, Luisa Carnés, Carmen Conde, Margarita Ferreras, Lucía Sánchez Saornil e Zenobia Camprubí.
Se che interesa o tema, podes ver este documental sobre as mulleres artistas e intelectuais da Xeración do 27.

Ningún comentario :
Publicar un comentario