venres, 30 de xaneiro de 2026

Día Escolar da Non Violencia e a Paz



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENVP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Ademais de achegarvos unha mostra do noso catálogo, vos propoñemos un concurso no que teredes que casar as citas marcadas cos persoeiros que as mencionaron; na busca seguro que meditaredes sobre as frases e a vixencia delas na actualidade, e de paso intentamos profundizar nas biografías dos escollidos, o que fixeron para ser merecedores da mención honorífica, se a tiveron ou os que non e por qué.

Por último, deixade vos o voso lema respecto a esta data.

Ningún comentario :