xoves, 7 de xuño de 2007

O eterno viaxeiro



create your own slideshow

Paul Gauguin, o eterno viaxeiro, nado en París o 7 de xuño de 1848, reflexa nas súas obras o colorido dos países onde viviu: Francia, Perú, Dinamarca, Panamá, Martinica, Tahití e case España onde esperaba trasladarse antes da súa morte en 1903.
Recentemente descubríronse unhas caras ocultas nas obras de Gauguin relacionadas coas súas propias palabras dotando toda a súa obra dunha nova perspectiva. O artista holandés Peter Teekamp preséntanos neste vídeo outra forma de ver a obra deste artista francés.

mércores, 6 de xuño de 2007

8oo anos con Rodrigo Díaz de Vivar



Cúmprense oitocentos anos do manuscrito de Per Abat do Poema de Meu Cid, unha verdadeira xoia da literatura medieval. Un cantar de xesta que relata as fazañas heroicas dos últimos anos de vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar, personaxe histórico que, de xeito autónomo e á fronte dos seus propios guerreiros, dominou practicamente todo o oriente peninsular a finais do século XI.

Se queres coñecer o manuscrito, a ruta do personaxe ou os teus coñecementos sobre o personaxe, proba no cuestionario webquest sobre o Cid e boa sorte!

martes, 5 de xuño de 2007

O autor misterioso


Atopa ao personaxe do noso quebracabezas que escribiu este poema en galego:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Se aínda non sabes quen é compróbao no vídeo e consulta na web ou no noso catálogo, porque hoxe é o aniversario do seu nacemento e podemos recordalo.

No Día Mundial do Medio Ambiente...



create your own slideshow



Ola meus!, hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que vendo como o tratamos case vai ser máis axeitado preparar un velorio...

O caso é que mira que te mira polos andeis atopei tres propostas que quero compartir con vós: A primeira, en plan divulgación científica, tremendamente ilustrado e tocando todos os paos, "A Ecoloxía", da Enciclopedia Temática Ilustrada publicada por A Nosa Terra; pero se vos vai máis facer experimentos, algo de bricolaxe e coñecer curiosidades, recoméndovos o delicioso "50 cosas que los niños pueden hacer para salvar la Tierra". E finalmente se queredes ler prosa de categoría que engancha, "La tierra herida" do enorme Miguel Delibes, que fala co seu fillo biólogo do mal que vai a cousa e de se terá remedio...

Outras posibilidades poden ser que vos acheguedes directamente ao Catálogo para ver todo o que hai, ou que piquedes no enlace dos ecoloxistas de Greenpeace que está á esquerda.

Unha aperta verde (non sexades mal pensados/as) para todos/as!

luns, 4 de xuño de 2007

Saturno: Señor dos Aneis



create your own slideshow


Estas imaxes de cor dos aneis de Saturno foi realizada pola sonda Cassini cando unha estrela fugaz pasaba fronte ao planeta iluminando os seus aneis e quedando a estrela oculta tras eles.
Durante esa transición os científicos obteñen datos do material do que están feitos os aneis. Interesante verdade! Podédelo ver na web da NASA, ou no catálogo da biblioteca.

Premios letras galegas 2007

PREMIOS LETRAS GALEGAS 2007

Xa temos os gañadores do concurso das letras galegas.

Na categoría de ilustración de poemas as gañadoras foron:

TANIA CARBALLEIRA ANCA
ANDREA PÉREZ PERMUY

Obtiveron tres accesits

ABRAHAM GARCÍA PUENTES, 5
DAVID NOVO PANTÍN, 7
MARÍA GATO MARTÍNEZ, 6

Na categoría de marcapáxinas, tiveron premio:

JENNIFER GOTI ÁLVAREZ
ADRIÁN SILVENT COUCE

Por último, contestaron correctamente ó folleto que acompañaba á exposición:

SUSANA BASOA MÉNDEZ
JENNIFER GOTI ÁLVAREZ
ABRAHAM GARCÍA PUENTES
PATRICIA ROMERO FRANCO

A entrega de premios será hoxe luns na biblioteca.

venres, 1 de xuño de 2007

Con gaseosa.


Escoitastes algunha vez eso de "Os experimentos, con gaseosa". Pois Janice VanCleave escribíu varios libros de divulgación científica nos que ensina ciencia a través de experimentos sinxelos e divertidos. Na biblioteca temos Física para niños y jóvenes. 101 experimentos superdivertidos y Química para niños y jóvenes. 101 experimentos superdivertidos.
Como vedes no debuxo, pódese facer ciencia fóra do laboratorio e con pouca inversión.
Se vos gusta a ciencia aplicada é moi recomendable probar a facer algúns dos experimentos. E se non vos gosta, tamén. Veredes que é entretido e gratificante.

E se queredes algo máis teórico e aproveitando o tirón de Spiderman, podedes botarlle unha ollada a La física de los superhéroes.

Xa me contaredes.

CSI no IES?



create your own slideshow


Quen non coñece CSI nas súas distintas versións? Quen non ve películas de investigación científica? Este trimestre adquirimos uns libros que nos axudarán a coñecer as reviravoltas da física, química e ciencia en xeral e resolver esas dúbidas que nos asaltan de tanto en vez, ven a coñecelos!