mércores, 18 de setembro de 2013

O péndulo de Foucault


Léon Foucault é sen dúbida hoxe un de os nomes máis pronunciados en todo o mundo. O motivo? Bastante sinxelo: Google réndelle homenaxe no 194 aniversario do seu nacemento. E é que o físico francés, creador do péndulo que leva o seu apelido, naceu tal día como hoxe, un 18 de setembro, de 1819 en París.

luns, 16 de setembro de 2013

Tipos de documentos


View more presentations or Upload your own.

Este curso imos traballar a fondo a formación de usuarios grazas á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, e para mostra un magnífico traballo de Marina do IES de Arzúa. Este traballo ó mesmo que moitos outros o encontraredes na columna da dereita no epígrafe "Elemental, querido alumno" no punto de Formación de usuarios.

xoves, 5 de setembro de 2013

Norabóa á nosa biblioteca municipal



Aínda que tarde facémonos eco desta felicitación a todas a bibliotecas municipais galegas premiadas, pero por enriba das outras... a nosa. Norabóa!!!
Vinte e unha bibliotecas municipais galegas foron premiadas na XV Campaña de Animación á Lectura María Moliner. Este concurso organizado polo Ministerio de Cultura, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, está dirixido a concellos de menos 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre o lectorado máis novo.
O proceso de selección lévase a cabo mediante a análise dunha serie de criterios. Ao puntuar cada unha delas tense en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta.
Entréganse tres premios principias (un para bibliotecas de concellos de menos de 5.000 habitantes, outro para os de entre 5.001 e 20.000 habitantes e un terceiro para os que teñan entre 20.001 e 50.000 habitantes). A maiores deses tres premios principais entréganse outros 300 premios a nivel estatal. A cada un dos premiados correspóndenlle un lote bibliográfico de 200 libros infantís e xuvenís que recollen o mellor do ano.
As bibliotecas premiadas en Galicia son:
A Coruña: Cedeira, Cerceda, Culleredo, Laracha, Neda, Oleiros, Ortigueira e Rianxo.
Lugo: O Saviñao e Xermade.
Ourense: Pereiro de Aguiar, Ribadavia e Verín.
Pontevedra: Caldas de Reis, O Grove, Porriño, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa.

mércores, 4 de setembro de 2013

Foi tan pracenteira a viaxe...

Foi tan pracenteira a viaxe
que o sangue flúe aínda quente
polas autoestradas dos meus membros
sen peaxe.
No entanto, visitei lugares inesquecibles
polos que xamais volverei transitar
porque non serei o mesmo eu.
Viaxei co lixeiro índice, a xogar
por entre os pregos do papel;
gozando da súa tersura,
aspirando o seu tépedo aroma a árbore.
E coñecinos a eles.
Estaban de feito agardando por min
en aeroportos, peiraos e estacións de tren.
Enredeime da man da riseira rapaza
que elixiu ser sabia para trunfar na vida:
eu tamén quedei pendurada da húmida cadea
no teito do almacén. 
Acompañei despois ao ancián centenario
e puxemos bombas por medio mundo,
roubamos equipaxes e carrexamos
corpos de macarras:
non se pode ser sempre sublime.
Esculquei tralos cristais do vello edificio
namentres toda unha muller arrolaba a un raparigo;
fóra da auga quente da bañeira nada importaba.
Aprendemos a ler entre reixas pechadas,
escoitando a pausada voz que xiraba no aparello.
Adentreime logo naquel tobo de feras noxentas
e fuxín da barbarie e da gadaña da morte
agarimando aqueles sabios velliños de papel.
Deixei que me enchoupase a chuvia de almas
e fixen tamén un álbum intanxible
imposible de furtar.
Ofrecinvos tamén un billete sen retorno
e chegastes sen présa á aldea de Muíños,
onde fostes presentados ao señor Afonso
e a outros amigos senlleiros.
Non volveredes desa viaxe
porque xamais seredes os mesmos.
Foi tan pracenteira a viaxe...

Ao Club de Lectura, por darme tanto.
Almudena Falcón.

martes, 3 de setembro de 2013

Guía de lectura homenaje a Bibliotecas y Bibliotecarios


 

El Pabellón Infantil de la Feria del Libro de Madrid ha elaborado una guía de lectura con una selección de títulos en homenaje a bibliotecas y bibliotecarios:

Ya sabemos que las bibliotecas son mucho más que libros.
Ya sabemos que los medios que tienen para hacer llegar la información a todos y de manera gratuita están ahora en el universo digital.
Y sabemos que además de los datos, las letras y las imágenes que guardan, los bibliotecarios son la llave para acceder a ellos.
Esta selección de libros responde solo a un modesto homenaje a las bibliotecas y a los bibliotecarios por su vocación de ser lugar de encuentro y por hacer de estos lugares una posibilidad para construir una sociedad mejor.