mércores, 7 de novembro de 2018
venres, 2 de novembro de 2018
mércores, 31 de outubro de 2018
Poesía de outono
Por se non vos destes conta, entramos no outono pero con espíritu poético.
Aquí tedes unha mostra das vosas creacións, moitas grazas!!
martes, 30 de outubro de 2018
Norabóa a Marcos Calveiro Premio San Clemente 2018
A última novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, que xa fora recoñecida co Premio de Novela Manuel García Barros no 2017, foi merecedora hoxe do Premio San Clemente na súa categoría en galego. Nesta XXIV edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foron tamén premiadas as novelas La uruguaya de Pedro Mairal, na categoría en español, e A vexetariana de Han Kang, entre as candidatas en lingua estranxeira.
O premio San Clemente busca converter o alumnado de bacharelato en protagonista á hora de conceder un galardón literario, polo que o seu xurado está composto por estudantes. Nesta XXIII edición, ademais do estudantado do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), participou no xurado o do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Agra do Orzán (A Coruña), IES Valle-Inclán (Pontevedra), IES San Mamede (Maceda) e IES Xelmírez I (Santiago de Compostela).
En Vilagarcía, a principios do século XX, o destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca da liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia. Un relato que hoxe foi premiado pola súa valentía unha vez máis, que non deixa de sumar lectores dende a súa publicación hai un ano, e que vai camiño de converterse nunha das novelas mellores valoradas por crítica e lectores dos últimos tempos.
luns, 29 de outubro de 2018
Concurso terrorífico
Atréveste a adiviñar os nomes destas películas?
E si ademais disfrutas pasando medo non esquezas fixarte na selección de
novela de misterio e terror que tes na galería do instituto... son arrepiantes!!!
Participade no concurso co boletín de terror
Sempre hai premio!!
Participade no concurso co boletín de terror
Sempre hai premio!!
venres, 26 de outubro de 2018
Arquitectura mágica y ciudades verdes
Si pudieses modificar el entorno en el que vives ¿qué ciudad
diseñarías?¿con qué formas, colores y materiales construirías tu casa?¿qué
cambiarías en tu barrio y en tu pueblo?
¿Lo integrarías más en la naturaleza que lo rodea o
buscarías construir con formas geométricas rompedoras y muy
llamativas?¿Crearías más espacios comunes dónde poder relacionarte con tus
amigos o dónde poder conocer a otras personas a través de actividades de
interés común?
Los arquitectos muchas veces diseñan y construyen espacios
que nos impactan por su estética, pero que, además pueden ser más “humanos”.
¿Qué ves desde tu ventana?¿Tu barrio es un entorno amigable?¿o es más bien gris
y frío?¿Apetece pasear por tu ciudad?
Piensa en los cambios que harías si tuvieses una varita
“mágica” para transformar los edificios, las calles y todos los espacios de tu
ciudad. ¿Crees que transformar tu entorno podría hacer que sus habitantes
fuesen más felices? Si fuese así merecería la pena hacerlo, ¿verdad?
Muchos arquitectos y urbanistas están preocupados por
construir viviendas, espacios y ciudades que mejoran la calidad de vida de la
gente. Están de moda términos como “ciudades amigables”, desarrollo urbanosostenible, “ciudades verdes”…
Fíjate bien en tu pueblo, piensa en lo que te gusta, para
potenciarlo, y en lo que cambiarías. Háblalo con tus amigos. Proponed esos
cambios a quienes pueden llevarlos a cabo.
Quizás así, tú puedas contribuir a
crear otra realidad…
xoves, 25 de outubro de 2018
Antía Cal y María Xosé Queizán, Premio Otero Pedrayo
O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a favor da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. O galardón, creado en 1977 promóveno a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais cos obxectivos de perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución á cultura e aos valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
Antía Cal pedagoga, fundou en 1961, xunto ao seu marido, o oftalmólogo galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro de Vigo, e marcou todo un fito no movemento de renovación pedagóxica de Galicia, xa que este centro converteuse inmediatamente nun foco de irradiación progresista de novas tendencias pedagóxicas e sensibilización galeguista, desde o seu compromiso firme coa formación de xeracións de galegos e galegas. María Xosé Queizán escritora, profesora e activista, iniciou nos anos 50 a ampla traxectoria vital e profesional de compromiso coa lingua e cultura propias que desenvolve ata hoxe nas múltiples vertentes da súa vida e obra: ensino, narrativa, ensaio, poesía, tradución, teatro... que fan dela unha polígrafa da cultura galega. Defensora incansable do papel social da muller e iniciadora do movemento feminista galego, reivindica un feminismo único, racionalista e defensor dos valores de liberdade e igualdade.
Ler a nova en O faro de Vigo
Norabóa a Almudena Grandes Premio Nacional de Narrativa con Os pacientes do doutor García
Almudena Grandes gana o Premio Nacional de Narrativa grazas á cuarta novela do seu ciclo sobre a Guerra Civil e o Franquismo.
A autora comenta de 'Os pacientes do doutor García', a súa cuarta novela sobre a Guerra Civil:
"Cando recibín a noticia do premio pensei nos españois e españolas que se achegaron a min durante este tempo para contarme que a súa avoa pasoulle o mesmo que conto nestas novelas, que o seu avó estivo non se onde... Cheguei a sentir que este é un premio colectivo que comparto con toda a xente que se recoñeceu nos pacientes do Doutor García e iso fai máis emocionante o premio. Son eu a que teño que dar as grazas aos lectores"A serie á que pertence "Os pacientes do doutor García" é o ciclo de seis novelas sobre a Guerra civil e a ditadura que iniciou en 2010 con Inés e a alegría. Neste caso a entrega que retrata os anos 40, segue a unha parella de mozos educados de Madrid, máis ou menos burgueses e combatentes da República no asedio á capital, que sobreviven na España do primeiro franquismo co propósito de enhebrar a súa causa, derrotada pero non extinguida, coa II Guerra Mundial e a loita contra o fascismo en en Europa. A súa pelexa, coas páxinas, devén nunha trama de espías na que as redes de escape dos nazis cara a América Latina ten un papel destacado
Seguir lendo nas noticias e en El Mundo
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)




