xoves, 25 de outubro de 2018

Antía Cal y María Xosé Queizán, Premio Otero Pedrayo


O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a favor da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. O galardón, creado en 1977 promóveno a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais cos obxectivos de perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución á cultura e aos valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

Antía Cal pedagoga, fundou en 1961, xunto ao seu marido, o oftalmólogo galeguista Antón Beiras, o Colexio Rosalía de Castro de Vigo, e marcou todo un fito no movemento de renovación pedagóxica de Galicia, xa que este centro converteuse inmediatamente nun foco de irradiación progresista de novas tendencias pedagóxicas e sensibilización galeguista, desde o seu compromiso firme coa formación de xeracións de galegos e galegas. María Xosé Queizán escritora, profesora e activista, iniciou nos anos 50 a ampla traxectoria vital e profesional de compromiso coa lingua e cultura propias que desenvolve ata hoxe nas múltiples vertentes da súa vida e obra: ensino, narrativa, ensaio, poesía, tradución, teatro... que fan dela unha polígrafa da cultura galega. Defensora incansable do papel social da muller e iniciadora do movemento feminista galego, reivindica un feminismo único, racionalista e defensor dos valores de liberdade e igualdade.

Ler a nova en O faro de Vigo

Ningún comentario :