luns, 6 de febreiro de 2023

Novidade: Os seres queridos de Berta Dávila

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. 

Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.

Entrevista en Nos TV

venres, 3 de febreiro de 2023

Fuera de control: Cómo llegar a adulto sin morir en el intento

 

Confidencial: Se non sabes como manexarche no instituto, non sabes por que o teu aspecto está a cambiar, como achegarche ás mozas... e ademais...ninguén che entende...Non desesperes!!! Este libro é unha guía para sobrevivir na adolescencia.

  • Adolescencia, a orixe. A inevitable transformación.
  • Guía para o amor: Na corda frouxa. Os segredos mellor gardados das mozas.
  • En busca de criterio: Cables invisibles.
  • Sociedade de adolescentes, S:A:: En sintonía co mundo.
  • Un novo comezo.

Unha guía para os mozos sobre os cambios que se producen durante a adolescencia. Este libro, especialmente recomendado para mozos a partir dos 13 anos, tamén comenta aspectos relacionados co lecer xuvenil, as tribos urbanas e os conflitos cos que os adolescentes se poden atopar.

Fuera de control: Cómo llegar a adulto sin morir en el intento xa na biblioteca.

mércores, 1 de febreiro de 2023

Nosas Meninas de Erasmus Dada


Durante a estadía no noso centro os días 15 e 16 de xaneiro dos alumnos de Erasmus provintes de Gales, Alemaña e Turquía organizouse nunha actividade plástico-festiva na que, con pincel na man, entrelazaron vínculos e falaron, non sabemos en qué, inglés, alemán ou a lingua dos signos, pero non deixaron de falar. A idea partíu de Carmen Ozema, a nosa artista favorita, quen dispuxo en grupos ao alumnado a compartir arte nuns días nos que o Olimpo caía a chuzos. Aquí vedes a producción rematada.

Grazas aos rapaces de 4ºESO por facelo posible.

martes, 31 de xaneiro de 2023

domingo, 29 de xaneiro de 2023

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Selección de fondos na nosa biblioteca

 Nesta data temos que lembrar todos os conflictos bélicos que arrasan o noso planeta, todos os rapaces que non poden asistir á escola, todas as familias que perderon os seus dereitos por mor da guerra. 

As lecturas poden traer un pouco de cordura ao noso mundo, por iso preferimos as palabras e non as armas!!

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz: Crebacabezas da Paz


Un día para potenciar o fin do racismo, non uso de armas, a igualdade entre todas as persoas do mundo e a defensa dos dereitos humanos. Elixe o quebracabezas que máis che guste, o número de pezas, e facede clic arrastrando as pezas para xogar a resolver os crebacabezas da Paz.

sábado, 28 de xaneiro de 2023