mércores, 6 de setembro de 2023

A Ciencia según Forges


A exposición do CSIC 'A Ciencia segundo Forges' rende homenaxe ao humorista gráfico. Falecido en febreiro 2018, Antonio Fraguas dedicou moitas das súas viñetas en “O País” para reclamar maiores recursos para a ciencia e a comunidade investigadora. A mostra, producida con motivo do 80 aniversario, reflicte a particular interpretación de Forges sobre cuestións universais como a orixe da vida, detense en descubrimentos e teorías como o Principio de Arquímedes ou a teoría dos buracos negros, e inclúe viñetas dedicadas a grandes científicos.

Premer para ver o reportaxe en RTVE play La aventura del saber.

martes, 5 de setembro de 2023

Tal día coma hoxe...

... de 1569 morreu en Bruxelas Pieter Brueghel "o Vello", coñecido polas súas escenas de xénero poboadas por campesiños, a miúdo cun gran elemento paisaxístico. Usando a comicidade, creou algunhas das máis antigas imaxes de protesta social na Historia da arte.

luns, 4 de setembro de 2023

Comezamos o curso con unha magnífica nova: Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023


O Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 foille outorgado onte a dramaturga Paula Carballeira pola súa obra As alumnas, na o xurado suliñou que “a través dunha investigación rigorosa, propón ao público un texto que homenaxea a todos os mestres e ao modelo de escola laica, libre e dunha pedagoxía avanzada”.

Paula Carballeira é unha autora polifacética que leva publicados numerosos libros que abranguen todos os xéneros: en teatro, narrativa e poesía e álbum ilustrado. Ademais a súa obra está dirixida a todos os tramos de idade, dende prelectores ata a idade adulta.

Máis que nada é unha muller de teatro como escritora, narradora, directora e actriz de teatro e televisión.

Seguir a nova desde Galix.

xoves, 15 de xuño de 2023

Novidades: 111 cosas que poderías facer en lugar de mirar o móbil


Pasamos preto de 4 horas e media ao día mirando o móbil. Sabes que outras cousas poderías facer con ese tempo?:
  • Organizar o teu propio Festival de Eurovisión en casa.
  • Montar o teu propio herbario.
  • Practicar o urban sketching.
  • Apuntarche ao self-care e crear os teus propios potingues de beleza.
  • Aprender lingua de signos.
  • Descubrir os trucos de supervivencia indispensables para sobrevivir á apocalipse. Estas son só algunhas das 111 ideas que atoparás neste libro. Propostas que che axudarán a cultivar a creatividade, a gozar máis e mellor do teu tempo libre e, por encima de todo, a lembrar o marabilloso que era o mundo cando non tiñas que cargar a batería para seguir gozando del.


Agora xa na biblioteca!!

martes, 13 de xuño de 2023

Roteiro a Celanova con Celso Emilio Ferreiro e Manuel Curros Enríquez

 

Xunto cos membros do club de lectura do IES Breamo nos achegamos á Celanova, vila de poetas, e moita historia que descubrir cos rapaces dos clubs de 2º, 3º e 4º da ESO e os de 1º de bacharelato.
Da man de Paula, guía da Casa dos poetas, e Berta da oficina de turismo, visitamos o mosteiro con concerto de órgano incluido, o instituto con Isadora Gil, Vilanova dos Infantes e case nos achegamos a Castromao se non fora polo tempo tormentoso. Toda unha aventura, e como hai que deixar unha miga para volver, Castromao o deixaremos para outra visita.


Todo un pracer polo mesmo feito das visita e polas guías tan fantásticas que nos 
encandilaron coa vila e os seus tesouros.
Grazas a Anxos e Glafira pola compaña pero sobretodo aos rapaces que se portaron máis que ben.

luns, 12 de xuño de 2023

Novidades: Rome y/o Julieta, una tragi/comedia

Shakespeare (bo, case) únese ao fenómeno «elixe a túa propia aventura» con máis de cen finais distintos. E cada un está ilustrado por un artista diferente!

E se Romeo nunca coñecese a Julieta? E se Julieta dedicásese a mazarse en lugar da ir chorando polos recunchos? E se os dous aliásense para conquistar Verona con traxes robot? Esta versión interactiva de Romeo e Julieta (chea de divertidos enigmas, segredos e mogollón de tramas distintas) déixache escoller a dirección do argumento cada vez que a les. Podes contar a historia como Romeo, como Julieta ou como ambos. Ata podes desbloquear narradores adicionais! Así é: habémosnolas apañado para incluír personaxes desbloqueables a un libro.
Por suposto, tamén podes escoller seguir o argumento tradicional da obra... pero iso sería moi pouco creativo pola túa banda, non crees