venres, 19 de xaneiro de 2024

Un gato negro e un corvo, un barril de certo licor, certo corazón delator...

 ...seguro que sabedes de quen falamos. Edgar Allan Poe foi escritor, poeta, crítico e xornalista, non hai fanático da literatura que non devorase algúns dos libros de Edgar Allan Poe, cuxos contos de terror e prosas trasládannos a paraxes góticas e lúgubres embriagadores. Coñecido como un mestre do relato curto, Edgar Allan Poe posicionouse dentro da literatura polos seus contos que nos transportan a escenarios lúgubres e decadentes, nos cales o personaxe principal é, habitualmente, atormentado polos seus propios actos, polo destino ao que el mesmo conduciuse. Quizá iso sexa o máis tenebroso da súa literatura, que nela reflíctese ao home como a mesma persoa que atormenta ao home.

Sabíades que...?

  • Foi abandonado polo seu pai.
  • Non asinaba co seu nome completo.O seu pai adoptivo -quen tamén se chamaba Allan- non caía en graza, así que preferiu suprimir o nome en común usando "Edgar A. Poe” ou "E. A. Poe "
  • Estudou idiomas antigos e modernos.
  • Casou coa súa curmá de 13 anos cando tiña 26 da que quedou viuvo.... a quen lle adicou “Annabel Lee” e “Ligeia”
  • Non todo o que escribiu era escuro, tivo unha faceta moi pouco coñecida e máis chispeante na que adoitaba redactar textos sobre enganos, humor e mesmo se dedicou á sátira.
  • Era un gran amante dos gatos.
  • Era un agudo crítico literario.
  • Era un gran amante do espazo.
Se queredes saber máis deste autor entrade en Supercurioso.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Calendario do Libro e a Lectura 2024


Como todos os anos vos presentamos o novo calendario 2024 coas datas máis salientables arredor do libro e da lectura ilustrado por Paula Mayor.
Tedes o documento máis grande ao premer na imaxe e na columna da esquerda.

martes, 16 de xaneiro de 2024

Tal día coma hoxe...

O 16 de xaneiro de 1605 publicoue a primeira parte de El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, do célebre escritor Miguel de Cervantes Saavedra. O editor ao que se lle fixo o encargo da publicación foi Juan de la Cuesta, que tiña unha modesta imprenta en Madrid. Desta primeira edición, plagada de erratas, e que viu a luz nun formato moi modesto, sobreviven a día de hoxe uns 30 exeplares dos 1800 que se fixeron na tirada inicial.




luns, 15 de xaneiro de 2024

Día da Non Violencia e a Paz 2024


 

Animádevos a participar por parellas, sempre hai premio.

Tedes de prazo ata o 26 de xaneiro.

Boletín do DENVP

Día Escolar da Non Violencia e a Paz 2024



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.

O día 30 de Xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.

Ademais de achegarvos un fondo do noso catálogo queremos que botedes unha ollada a todos os activistas pola paz que veredes polo corredor e casedes cada cita coa persoa. Por parellas identificade cada ovella coa súa parella e pensade nas citas, a súa importancia nesta época tan revolta que nos tocou vivir.

sábado, 13 de xaneiro de 2024

Hoxe conmemoramos a James Joyce

Hoxe cúmprense 80 anos do falecemento de James Joyce, escritor irlandés considerado un dos grandes autores do século XX. A súa obra maestra, Ulises, publicada en 1922, é unha das obras máis influíntes da historia da literatura.



xoves, 11 de xaneiro de 2024

No aniversario do seu nacemento recordamos a Nicolás Steno

Nicolás Steno, nado en Dinamarca en 1638, é considerado o pai da Xeoloxía, xa que as súas investigacións sobre as capas de sedimentos das rochas e os fósiles contidos nestas, sentaron as bases da Xeoloxía moderna. De feito, os principios estratigráficos que enunciou continúan sendo utilizados a día de hoxe por xeólogos e paleontólogos. Ademais, Steno fixo achegas no campo da cristalografía e da medicina, debido aos seus estudos anatómicos acerca de diversas estruturas corporais.


mércores, 10 de xaneiro de 2024

Novidades: Anatomía de Kay


Algunha vez preguntáchesche como funciona o teu organismo? Sabías que o cerebro pode procesar 400 billóns de cousas nun segundo, que o corazón bombea sangue cada día como para encher noventa bañeiras, e que os pulmóns expulsan suficiente aire ao día como para inflar mil globos? Descobre neste libro por que o corpo humano é como unha máquina perfectamente programada e sincronizada, capaz de realizar centos de funcións sorprendentes á vez sen que nos deamos apenas conta… Con moito sentido do humor, tanto no texto como nas ilustracións, o médico Adam Kay convídanos a percorrer todo o corpo humano, órgano por órgano, para coñecer os seus segredos, insólitos e asombrosos

Máis información | Primeiras páxinas