luns, 5 de febreiro de 2024

Sabías que o valor do número pi non sempre foi 3,14?

O 5 de febreiro de 1897, en Indiana, Estados Unidos, a Asemblea Xeral aprobou a lei número 246, na que se lle asignaba un novo valor exacto ao número pi, ilegalizando por completo o uso de calquera outro valor. 

Isto debeuse a que Edward Goodwin, médico e aficionado ás matemáticas, convenceu ao representante estatal de ter conseguido unha solución ao problema da cuadratura do círculo, un problema matemático que xa en 1882 Ferdinan von Lindemann probara que era imposible de resolver. Pero Goodwin non quixo darse por vencido e estableceu que si era posible cadrar o círculo. O problema estaba en que para realizar a súa demostración Goodwin tomaba o valor do número pi como 3,2 en lugar da súa aproximación a 3,14.

Se queres saber máis, podes seguir lendo aquí.



mércores, 31 de xaneiro de 2024

Gañadores concurso Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 


Moitas grazas a todos os participantes, tivemos moitos pero non todos responderon correctamenten á proposta, así que vos achegamos a listaxe de gañadores:
  • Mikaella Santos de Sousa e Ricky Alejandro Prado de 4º B que ademais de identificar os autores das citas correctamente aportaron a súa propia polo que teñen unha mención especial.
  • David Ander e Gabriel André Abeledo Franco de 4º B.
  • Gael del Río Gómez e Xoel Durán Martínez de 3º B
  • Adrián Picos Seoane e Germán Rey Fra de 3º B.

(premede para ampliar)

VI Feira de Ciencia Isabel Zendal no Aquarium da Coruña

O próximo sábado 3 de febreiro celebrarase no Aquarium Finisterrae da Coruña a Feira Isabel Zendal, con obradoiros, experimentos, xogos e actividades sobre os grupos de animais máis característicos do acuario. A actividade está incluída no custo normal da entrada e os asistentes estarán caracterizados como os protagonistas da expedición Balmis, que lle dá nome á feira.

Tedes toda a información neste enlace.



luns, 29 de xaneiro de 2024

RCP in acción


Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Novidades: El cuerpo humano : guía para ocupantes

Nos pasamos toda una vida con un solo cuerpo y casi no sabemos cómo funciona. Desde los genes hasta nuestra capacidad de hablar, pasando por nuestras constantes adaptaciones al medio y los riesgos que corremos, este libro nos descubre que nuestro microcosmos es un verdadero milagro, lleno de prodigios y de secretos asombrosos. 

Explicar el cuerpo humano en toda su integridad, y hacerlo para todos los públicos, solo está al alcance de un autor como Bill Bryson. Con su habitual talento narrativo, su capacidad para sintetizar amplios conocimientos y su cultura para revelar datos sorprendentes, Bryson demuestra que es el mejor y más divertido guía para emprender un apasionante viaje hacia nuestro interior.

Xa na nosa biblioteca, non deixedes de viaxar dentro do noso corpo!

martes, 23 de xaneiro de 2024

Animal Lovers


Cal é o animal máis popular do teu país? E o máis querido en todo o planeta? 
O mundo como nunca o viras.

Utilizando a ferramenta Google Keyword Planner, e analizando procuras de 170 animais diferentes en máis de 180 países do globo, os investigadores de Explore Worldwide extraeron os datos dos animais máis famosos de cada país e deron forma a un mapa mundi cos nomes de cada país e o seu respectivo animal máis adorado. Os expertos filtraron por frases que identificaban os animais que xeraban máis emoción e que máis interese suscitaban. Isto incluía termos de procura como "[animal] + safari" e "como ver [nome do animal]", en todas as traducións de idiomas nativos.

O animal máis querido do mundo é...O tigre. 

Este animal ocupou o primeiro lugar en 44 países, seguidos dos hipopótamos, que foron os animais favoritos en 25 países (entre eles Suíza, Haití e Guinea); e, en terceiro lugar, os golfiños (que aparecen como máis sinalados en países como Honduras, Guatemala ou as illas Caimán). O cuarto animal máis popular do mundo resultou ser a balea, soada en países como Brasil, Italia e Groenlandia). E no posto número 5 atopámonos aos gorilas, que son nativos de África, e a mellor oportunidade de atopalos na natureza é en Uganda, que conta coa metade da poboación mundial de gorilas de montaña.

Seguir lendo en Muy Interesante.

luns, 22 de xaneiro de 2024

Inauguración da biblioteca dixital da RAE

A Real Academia Española acaba de abrir unha Biblioteca Dixital que dá acceso por internet a 4800 obras, entre as que se atopan a primeira parte de El Quijote, de 1605,  un dos exemplares de El Buscón, de Quevedo e os manuscritos de Don Juan Tenorio. Tamén hai exemplares de arte, historia, ciencias, ciencias sociais, relixión ou filosofía.


sábado, 20 de xaneiro de 2024

Mortadelo e Filemón cumpren 66 anos

O 20 de xaneiro de 1958 publicouse a primeira historieta dos detectives máis famosos do mundo do cómic, Mortadelo e Filemón. Foi no número 1394 do semanario Pulgarcito onde estes axentes da T.I.A. creados por Francisco Ibáñez apareceron por primeira vez. 

Ao principio, Ibáñez propuxo chamarlles de tres formas diferentes; Mr. Cloro e Mr. Yesca, axencia detectivesca; Ocarino e Pernales, axentes especiais e Lentejo e Fideíno, axentes finos. Pero finalmente a editorial Bruguera decidiu nomealos como Mortadelo e Filemón, axencia de información.