luns, 18 de marzo de 2024
Novidade: La sociedad de la nieve
venres, 15 de marzo de 2024
Gañadores do concurso "E tí, de quen ves sendo" ed 2024
xoves, 14 de marzo de 2024
Novidade: El cielo en la cabeza
Cando os noticiarios e a prensa abre cada día có drama de tantas vidas perdidaspola busca dunha vida mellor....El cielo en la cabeza
Para Nivek, o horizonte termina nas inmediacións da mina de coltán onde traballa. Despois de sobrevivir milagrosamente a un derrube, leste terá que emprender unha viaxe monstruosa, aterrador e sen retorno polas belas, traizoeiras e máxicas terras de África nun traxecto cuxa distancia non se mide en quilómetros, senón en horrores e en vidas humanas.
mércores, 13 de marzo de 2024
luns, 11 de marzo de 2024
Día do Naturalismo Galego
O pasado 9 de marzo cumpriuse o primeiro aniversario do Día do Naturalismo Galego, que se conmemora ese día porque coincide coa data de nacemento do Pai Martín Sarmiento, un frade nado en 1695 no Bierzo, que pasou os seus primeiros anos en Pontevedra, e que está considerado un dos pais da filoloxía galega, sendo determinante tamén nas investigacións históricas, xurídicas e naturalistas.
Para honrar este día, a Comisión de Ornitonimia da Real Academia Galega vén de elaborar unha lista unificada dos nomes galegos para as aves e os paxaros presentes ou citados en Galicia e en España, que pronto poderemos atopar nunha edición impresa.
venres, 8 de marzo de 2024
xoves, 7 de marzo de 2024
Unha viaxe tecnolóxica ao pasado
Queres coñecer como era o teu concello no pasado? A web Cronobook xeolocaliza imaxes desde 1830 ata a actualidade e permite coñecer como eran distintas aldeas, vilas e cidades a través dun mapa interactivo que amosa fotografías históricas.



