Desde o nacemento do mundo ata a fundación de Roma, pasando polos mitos máis emblemáticos, como os Doce Traballos de Heracles, Jasón e o Vellocino de Ouro, a Guerra de Troia... e protagonizadas por deusas, deuses e os heroes máis fascinantes como Zeus, Atenea , Afrodita, Poseidón, Prometeo, Ulises, Pandora, Medea, Edipo... Todas as historias fundacionais están contadas de maneira accesible para un primeiro descubrimento da mitoloxía clásica. Cada un dos 25 episodios desenvólvese en páxinas dobres, dunha a tres, e, na parte inferior de cada unha aparece información sobre as artes, a civilización, o vocabulario, a astronomía, a xeografía... para completar os mitos. Con este libro, ser un apaixonado da mitoloxía é un xogo de nenos!
mércores, 24 de abril de 2024
martes, 23 de abril de 2024
No Día do Libro...Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase cada 23 de abril. A razón é que foi o 23 de abril de 1616 cando faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron –ou morreron– outros escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO, en 1995, como unha forma de fomentar a lectura, recoñecer a figura do autor e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.
Miguel EN Cervantes: El retablo de las maravillas achega o personaxe de Miguel de Cervantes aos lectores. Nos queremos festexar a súa figura empregando a exposición levada a cabo no Instituto Cervantes cando se conmemoraron o IV centenario da publicación da segunda parte do Quixote, en 2015, e da morte do escritor, en 2016. E faio a través dunha linguaxe que atravesou todos os tempos: o da imaxe. Dous dos máis destacados debuxantes e historietistas españois, David Rubín e Miguelanxo Prado, son os encargados de xerar, a través de dúas linguaxes gráficas e narrativos diferentes, un potente diálogo entre o cómic e a ilustración, entre El retablo de las maravillas e as escenas máis apaixonantes da vida de Cervantes.
luns, 22 de abril de 2024
Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura no Día da Terra: Historias fascinantes da ciencia en Galicia
A historia da ciencia, dos inventos, do estudo da natureza e da realidade está chea de pequenos fitos - curiosos uns, abraianates outros, fantásticos (ou sexa magníficos) sempre - que alumean o camiño cara ao descoñecido. Neste libro atoparás 40 historias galegas sobre o que Aristóteles chamaba "o desexo humano de saber".
Ademáis hoxe é o Día da Terra polo que vos invitamos a visitar a nosa selección de Biblioteca Verde:
venres, 19 de abril de 2024
Día do Libro 2024: Miguel EN Cervantes
- Acción Cultural Española
- Barcelona Review
- Culturizando
- Educaplay
- Playbuzz
- Don Quijote Educa.cyl
- Quizziz
- Caja del tesoro de Averroes
Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: Atrévete a preguntar
Inspirar ás persoas máis novas a pensar de forma máis crítica, a ser máis curiosas. Os pensadores críticos xogaron un papel moi importante na humanidade, combatendo a ignorancia, a superstición, os prexuízos, os mitos, os dogmas e a inxustiza.
A manipulación, a desinformación e a vixilancia son máis comúns e estendidas hoxe en día grazas a internet, as redes sociais e a intelixencia artificial. Afortunadamente, hai motivos para o optimismo, porque o pensamento crítico é unha habilidade que se pode ensinar e adestrar.
Non te deixes influir, a liberdade depende de tí!
xoves, 18 de abril de 2024
Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: Robots e IA
No libro trátanse non só as investigacións científicas detrás destes inventos, tan presentes na nosa sociedade, senón as implicacións filosóficas, éticas e persoais do uso desta tecnoloxía. Aborda a ciencia e a tecnoloxía desde unha óptica creativa para que a aprendizaxe sexa o máis accesible e divertido posible. Presenta historias e anécdotas curiosas, infografías con información relevante e actividades interactivas para que os nenos experimenten en casa. É un libro moi pertinente actualmente, co aumento da presenza de robots e intelixencia artificial en contornas domésticas e públicos, ao alcance dos nenos. Para que eles poidan formarse unha opinión crítica, discutir temas de actualidade e interese público como este, é importante que entendan ben as implicacións detrás deste tipo de tecnoloxía.
mércores, 17 de abril de 2024
Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: Calamares a la romana
Que herdamos dos romanos? Por suposto, a lingua, o dereito, a rede viaria, os sistemas de condución de auga etc., pero tamén compartimos con eles moitos costumes arraigados na alimentación, o lecer, o deporte, a moral, o urbanismo, a educación, a moda, os rituais e as festas. Un libro de curiosidades tratadas con humor, onde descubriremos que somos romanos, aínda que non nos deamos conta.







