luns, 17 de novembro de 2025

100 Misterios de la pubertad ... para chicas y para chicos


Creencia popular: la adolescencia es una etapa de la vida que los chicos tienen que atravesar por sí solos, y en donde no hace falta enseñarles nada. ¡FALSO! Según los estudios, los adolescentes que no están informados sobre los desafíos de esta etapa tienen un 48% más de probabilidades de provocar embarazos no deseados, caer en adicciones, desarrollar baja autoestima y experimentar problemas de salud mental.

A puberdade pode parecer un territorio descoñecido, cheo de preguntas que a miúdo custa formular. Con "100 Misterios de la pubertad para chicas" e "100 Misterios de la pubertad para chicos" , a autora Magda Pabst ofrece unha guía clara, directa e baseada en estudos científicos para axudar aos adolescentes para comprender mellor os cambios físicos, emocionais e sociais que viven nesta etapa tan intensa da vida.

Os libros abordan cuestións como os cambios corporais, a saúde mental, a autoestima, a sexualidade, as adiccións, a amizade e o uso da internet. Cunha linguaxe próxima e sen tabús, pensado para mozos a partir da preadolescencia, é unha lectura que non só informa, senón que tamén empodera.

Ademais, é unha ferramenta moi útil para familias e educadores que queiran acompañar aos mozos con empatía e coñecemento. En definitiva, un libro necesario para romper silencios e abrir conversacións importantes.

luns, 10 de novembro de 2025

O Día da Ilustración homenaxea a Siro

 


No 2026, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro, renderá homenaxe ao artista gráfico Siro López, nado en Ferrol en 1943, e que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, ademais doutras facetas como retratista, debuxante e pintor. É a segunda vez que para conmemorar esta efeméride se escolle a unha persoa en vida.

mércores, 5 de novembro de 2025

Celebración do Samaín

O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín no noso IES. Antes do recreo, a marcha da Santa Compaña, capitaneada pola nosa encargada de Biblioteca, Begoña, desfilou polo corredor e polas aulas, acompañada dunha melodía terrorífica a cargo de alumnado de 3º da ESO, que tocou xunto coa súa profe de Música, Teresa. 

Ademais, tamén alumnado de 3º da ESO fixo un túnel do terror no que había que ser moi valente para atreverse a entrar. Pero isto non foi todo, senón que durante a celebración repartíronse os premios do concurso de microrrelatos de Samaín e puidemos desfrutar dun rico chocolate. 

Os titores e titoras tamén fixeron un labor mrabilloso para ambientar o instituto e decoraron portas e taboleiros das aulas co seu alumnado. Por último, os estudantes de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato fixeron uns magníficos traballos sobre enfermidades terroríficas, relacionándoas con diversas personaxes do Samaín.

Deixámosvos un resumo da nosa celebración na presentación!

O XVI Día da Ciencia en Galego porá o foco nas ciencias e tecnoloxías cuánticas

 

A Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) convida un ano máis a toda a comunidade educativa a conmemorar o XVI Día da Ciencia en Galego, que neste ano 2025 porá o foco na celebración do “Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas”. Con todo, as temáticas a tratar nas diferentes conferencias didácticas que se ofertan aos centros de ensino son variadas, pois ademais da física cuántica, tamén se tocará o tema do glaciarismo (con motivo do Ano Internacional da Preservación dos Glaciares) ou da xenómica.

Na páxina web de Igaciencia xa podes consultar o programa de conferencias didácticas organizadas no mes de novembro co patrocinio da Xunta de Galicia, así como acceder ao formulario de inscrición. Serán impartidas por Marta Vila, que falará de glaciarismo o 6 de novembro; por Jorge Mira, que falará da mecánica cuántica e da teoría da relatividade o 20 de novembro; e por Ángel Carracedo, que falará de xenómica o 25 de novembro.

Xa no mes de decembro, concretamente o día 5, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, Igaciencia organiza a conferencia “125 anos de Física Cuántica”, impartida por Cibrán Santamarina, á que tamén están convidados os centros de ensino.

Botade unha ollada ao noso Itinerario de Ciencia para atopar maravillas

luns, 27 de outubro de 2025

Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o Premio San Clemente

Pel de cordeiro (Xerais), de Ledicia Costas; La península de las casas vacías (Siruela), de David Uclés; e Misericordia (La Umbría y La Solana), da autora portuguesa Lídia Jorge, son as novelas gañadoras da 29.ª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente, que tne como particularidade que o xurado está formado por alumnado de bachillerato de dez centros educativos de Galicia, Madrid, Reino Unido, Francia e Alemaña.

Seguir lendo en La Voz de Galicia

sábado, 25 de outubro de 2025

Polo Samaín... novo concurso terrorífico

 

Estamos en tempos de medo, terror e maxia, e se vos gusta este tema vos propoñemos un novo concurso. Botádelle unha ollada ao panel do corredor, tedes que completar o boletín do concurso có título da película do fotograma. 
Deixádeo na biblioteca antes do 11 de novembro, publicaremos a listaxe de gañadores o mércores 12 de novembro.

venres, 24 de outubro de 2025

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares : contra a desinformación

Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.

O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova.

A charla, pensada para alumnado de educación secundaria emitiuse en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela) e eiquí a reproducimos completa:

24 Outubro Día das Bibliotecas Escolares: gañadores do concurso Astérix e Obélix


Có lanzamento da nova aventura de Astérix e Obélix, nesta ocasión en Lusitania, vos propuxemos o concurso e a relectura ou descubrimento para algúns de vos dos nosos galos favoritos. Esperamos que fora unha boa ocasión para engancharvos á lectura desta famosa banda deseñada e a continuación vos achegamos a listaxe de gañadores do concurso:

1º Premio ex aequo

  • ·   Marco Magdalena e Roi Ledo de 1º ESO
  • ·   Nicolás Ferreiro e Brais Martínez de 4º ESO

 2º Premio ex aequo

  • ·   Diego de Deus de 1º ESO
  • ·   Jesús López e Lucas Aneiros de 2º ESO

 3º Premio

  • ·   Izan Martínez e Manuela Pérez de 1º ESO

Norabóa aos gañadores e grazas a todos os participantes